Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2009

IMPOSTURA DE JOHN BANVILLE

En las "Jornadas producir , exponer, interpretar" a las que asistí, en Madrid, gracias a un ponente. Me acerqué  a un libro  ‘Impostura’ de John Banville (Anagrama, traducción de Damián Alou) y me  dí  de bruces  con esta publicación  que dice cosas como: "Colocamos una palabra allí donde comienza nuestra ignorancia, donde ya no vemos más allá; por ejemplo, la palabra yo , la palabra hacer, la palabra sufrir: son quizás el horizonte de nuestro conocimiento, pero no verdades". O sea, para abrir boca empezamos con el tournedó.
Será que en el teatro de la vida jugamos tanto con la impostura que me produjo un deleite incesante la lectura de esta prosa.Sonrei... recordé... y en cada frase disfruté.el asunto con las tripas al aire. Una impostura. No la de un cantamañanas, sino la de un intelectual en las alturas que ha dado gato por marta cibelina. Y te explica cómo. "Me había convertido en un experto en fingir gran erudición acerca de una amplia variedad de temas m…

PREMIO A UN TRABALLO BEN FEITO EN SAN PAIO DE NARLA

Fai unhos meses pedironme un dossier sobre o traballo desenrolado dende a Rede Museística en San Paio de Narla,agora sei que ese dossier foi valorado e:A Asociación da Amigos dos Castelos de varias provincias, entregará hoxe un Premio a Deputación de Lugo polo traballo feito en San Paio de Narla.
O Museo de San Paio de Narla,abriu o 25 de maio de 1983 como Museo.Dende 1993 cando me nomearon Coordinadora do Museo Provincial de Lugo e da Fortaleza de San Paio de Narla, traballamos intensamente na conservación,investigación,divulgación e didáctica dese Museo.A nova montaxe museográfica xestionada por esta xerente e coordinada por Rosario Fernández recibiu parabéns dende moitos puntos xeográficos.Actualmente dende fai anos estamos traballando nun catálogo razoado que en breve baixo a autoría de Charo Fernández verá a luz.Os premios dun ainda cós reciban outros teñen iso...son como as palmadas a sensación de goce dura un cachiño e reconforta animando a seguir traballando. En todo caso en…

visitas guiadas

VISITA COMENTADA




Mañá, martes, 22 de setembro, ás 19.30 horas, terá lugar a primeira das visitas comentadas á exposición XOIAS TRADICIONAIS DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO, a cargo da comisaria, Mª del Rosario Fernández González .



Non se precisa inscrición e a entrada é de balde.







VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS ESCOLARES



Lembráselle ao profesorado de E.P., E.S.O, BAC e Ciclos que estea interesado na visita guiada para grupos escolares a esta exposición que debe concertala previamente no Departamento de Didáctica do Museo Porvincial ou a través do tlf.: 982 24 23 00.

voz dos carraos

Esto es el principio de mi entrada. Y esto el resto.



Nº 7

Sábado, 26 de setembro de 2009. Revista oral de periodicidade semestral, editada polo Museo Provincial do Mar (da Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 19 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo (Lugo). Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Duración aprox.: 1,30 h. Coordina: Antonio Reigosa.

A voz dos carraos súmase aos parabéns ao Museo Provincial do Mar no seu 40º aniversario (11 de outubro de 1969-2009), e quere render homenaxe de agradecemento a todas as persoas que fixeron posible o seu nacemento, ás que o mantiveron e ás que traballan polo seu futuro.





SUMARIO



Portada musical

Tema: Aquí vin, aquí cheguei (Instrumento: corna-gaitela)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Cos ollos dos nenos: Memoria vivida nos obradoiros de verán no Museo P. do Mar

Videorede: O pasado (8’)



Música

Tema: A subila e a baixala (Instrumento: cabaza)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Poesía

A boca do rio, por Laura Branco (…

ACCESIBILIDAD -DIALOGO INTERCULTURAL

Los Museos DEBEMOS LUCHAR POR SER ESPACIOS para el Diálogo Intercultural HACIENDOLOS ACCESIBLES A TODOS.
Los museos son lugares propicios al dialogo intercultural ya que los museos siempre han sido instituciones que se han expresado a través de la exhibición de sus colecciones pertenecientes a distintas épocas, culturas, soportes y técnicas.. En los museos se relaciona el pasado y el presente, lo distante y lo cercano. Las preguntas, el debate y el conocimiento que en ellos se produce pueden ayudar a comprender el porque de manifestaciones culturales e identidades, fomentando el mutuo reconocimiento y respeto. Los museos pueden ayudarnos a cada uno de nosotros a entender nuestras identidades y favorecer el intercambio de experiencias con otros. Apuntes de buenas prácticas en la educación intercultural Los museos que se identifiquen como espacios de diálogo intercultural han de tener en cuenta que el diálogo intercultural ha de ser entendido como:

MI SUEÑO DE RED MI LUCHA:LA ACCESIBILIDAD

Capacidades diferentes, museos sin límites:
Dentro de las tareas que el personal y los distintos departamentos de la Red Museística Provincial de Lugo (Museo Provincial de Lugo) nos propusimos abordar, en los últimos años, (prácticamente lo que llevamos andado del siglo XXI, ocupando un lugar prioritario) el hacer de los centros adscritos a dicha red (San Paio de Narla, Museo Provincial del Mar, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial de Lugo) un museo para todos. No se trataba tanto de acuñar un eslogan más, como de dar pasos concretos para convertir poco a poco este objetivo en una realidad, buscando la democratización de los valores y de los productos culturales. Sabíamos que eran muchas las barreras y que teníamos por delante mucho trabajo que hacer; sabíamos muy poco, en la teoría y en la práctica, sobre la accesibilidad real en los museos y en el nuestro en particular. Era necesario y urgente, por lo tanto, mejorar la accesibilidad global del museo porque éramos conscientes de que…

PROBANDO A SUBIR IMAGENES EN BLOG

ONDE ESTA CIPRIANA-ACTIV DIDACTICA MUSEO DO MAR

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Avda. da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.es
¿ONDE ESTÁ CIPRI?

FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Neste xogo, os nenos, sobre unha imaxe do fondo mariño, teñen que atopar a mascota que está agochada nunha cuncha.

Nivel Educativo:
Educación Primaria. Cursos 1º e 2º.

Áreas curriculares de aplicación:
Percepción visual.
Bioloxía da fauna e flora mariña.

Obxectivos xerais:
Identificar a variedade de especies que viven no mar.
Reforzar a capacidade de discernir entre formas e cores.

Obxectivos específicos:
Distinguir a variedade de cores e formas que poden ter as especies acuáticas.
Fomentar as destrezas sensoriais coa realización dun xogo divertido.
Potenciar o traballo en equipo.

Metodoloxía:
Na Sala das Cunchas, os nenos estarán sentados no chan en pequenos grupos. Repartirase unha folla cunha imaxe dun fondo mariño onde está agochado a mascota. Os rapaces teñen que atopala no medio do habitat mariño. A mascota estará ocult…

ficha didáctica: A BUSCA DE SEBASTIÁN

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Avda. da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.esA BUSCA DE SEBASTIÁN


FICHA DIDÁCTICA


Descripción:
Con esta actividade preténdese dar a coñecer ós nenos o medio mariño e os seus inquilinos. Todo este entorno é descrito nun conto que ten como protagonista un cangrexo ermitaño que está á procura dunha cuncha baleira.

Nivel Educativo:
Educación Primaria. Cursos 1º e 2º.

Áreas curriculares de aplicación:
Expresión oral
Coñecemento da bioloxía mariña.

Obxectivos xerais:
Espertar a capacidade imaxinativa dos rapaces.
Fomentar o interese pola literatura ambientada no entorno mariño.

Obxectivos específicos:
Potenciar a capacidade imaxinativa dos alumnos.
Identificar as distintas especies de animais que viven no mar: moluscos, crustáceos, peixes …

Metodoloxía:
Os alumnos sentados na Sala das Cunchas escoitarán o conto. Mentres poderán ver un panel cos personaxes en distintas escenas da narración.

Temporalización:
Duración aprox…

A BUSCA DE SEBASTIÁN-ACTI DIDAC MUSEO DO MAR

A BUSCA DE SEBASTIÁN.

Era unha vez un pequeno cangrexo ermitán chamado Sebastián que vivía nunha das praias de San Cibrao. A súa casa era unha caracola amarela que tiña tres pisos. Pero tiña un problema, a casa íalle quedando pequena xa que últimamente medrara un chisco. Non tiña espazo para meter todo o que tiña. Ou entraban as súas cousas ou el. Necesitaba buscar urxentemente outra cuncha baleira máis ampla, segura e cómoda.
¡Teño que darme presa! ¡ Estou indefenso, non teño protección e poden comerme! —Exclamou preocupado.
Entón foi cando comezou a súa busca.
Esa mesma noite estaba camiñando polo fondo do mar cando viu, de súpeto, un fulgor que o iluminou. A auga burbullaba cada vez máis. Sen decatarse apareceu un enorme calamar luminoso.
—¡Ola, son Pincho, o calamar! ¿Que fas aquí tan soíño? —dixo amigablemente.
—¡Ola, chámome Sebastián! Estou buscando unha casiña meirande e agradable. ¿Sabes onde podo atopala?
—Non, estou de paso nesta zona, pero coñezo a Hugo un ollomol que pod…

Conto da Pequena Balea

“ROSA, A PEQUENA BALEA”

Hai moitos moitos anos nas augas da Mariña Lucense ía un barco baleeiro á captura de baleas.O ceo estaba toldado e ameazaba unha gran treboada.O vixía que estaba na proa, comezou a berrar:
—¡ Baleas, baleas, baleas! ¡Están a babor! ¡Preparádevos! ¿Está o arpón listo?
¡ Rápido!¡Apurade!
O home vira unha balea xigantesca que tiña unha cría.A pequena nadaba a carón da súa nai e a súa cor era chamativa; eran as dúas brancas.

¡Eran baleas belugas.!Era moi estraño ver estas baleas por estas costas xa que son de augas moito máis frías.



Os mariñeiros estaban asombrados polo que tiñan diante. Nunca viran esta clase de cetáceo por estas costas.
Colleron os arpóns de punta afiada e perseguiron as baleas. A nai balea intentaba protexer á súa cría poñéndose entre o barco e a súa pequena. Pero ó protexela saíu ferida no lombo. A cría asustada e cansa alonxouse da súa nai. Nadaba na procura da súa nai pero non a atopaba. Desconsolada non sabía onde ir nin que facer. Comenzou …

ROSA,A PEQUENA BALEA

ROSA, A PEQUENA BALEA


FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Conto ameno co que se pretende achegar ós alumnos as baleas e os perigos que sofren por mor da caza. O desenvolvemento da historia comeza co intento dunha baleeira por capturar unha balea branca e a súa filla. Dese modo querese mostrar a historia da vila de San Cibrao xa que esta actividade foi moi importante na antigüidade tanto aquí como na Mariña Lucense

Nivel Educativo:
Educación Primaria. Cursos 1º e 2º.

Áreas curriculares de aplicación:
Comunicación e representación
Ciencias do mar

Obxectivos xerais:
Achegar o alumnado ós museos dunha maneira atractiva.
Fomentar a expresión oral e artística.
Engadir pequenos coñecementos sobre os cetáceos.

Obxectivos específicos:
Mostrar o vínculo existente entre o home e os mamíferos mariños
Coñecer a historia da vila xa que a caza das baleas tivo moita importancia nesta zona nos séculos XVI e XVII.
Inculcar a protección do medio mariño e os seus poboadores.

Metodoloxía:
Os alumnos sentados …

DESCUBRE A BALEA-ACT DIDACTICA

DESCUBRE A BALEA


FICHA DIDÁCTICA


Descripción:
Nesta actividade pintarán un debuxo dunha balea con números, onde cada un ten asociado unha cor distinta.

Nivel Educativo:
Educación Primaria. Cursos 1º e 2º.

Áreas curriculares de aplicación:
Ciencias do mar
Educación Artística (plástica e visual)
Comunicación oral

Obxectivos xerais:
Achegar o alumnado ós museos e ó mundo do mar dunha maneira amena e atractiva.
Fomentar a expresión oral e artística.
Potenciar o interese pola cetoloxía.

Obxectivos específicos:
Familiarizarse coas partes dun mamífero mariño.
Discernir as distintas formas e cores das baleas
Fomentar unha actitude conservacionista do medio mariño tan indispensable na sociedade galega


Metodoloxía:
Na Sala das Baleas repartiranse follas co debuxo dunha balea animada con números. Os rapaces terán que coloreala según as cores que levan asociadas os números. Así cando rematen descubrirán a balea.

Temporalización:
Duración aproximada 45 minutos.

Idioma:
Galego/ Castelán

Propostas …

ADAPTACION:COMO LAS BALLENAS LLEGARON A SER BALLENAS

CÓMO AS BALEAS CHEGARON A SER BALEAS

Hai moito moito tempo, nunha terra moi lonxana había unha pequena aldea preto do mar. Nela vivía un home chamado Xurxo que tiña un pequeno horto onde cultivaba cenoiras, cebolas, xudías e todo o que precisaba para comer.
Un día, cando estaba arrincando as malas herbas das plantas, viu unha cousa estraña, era longa e negra, e tiña unha raiciña nun extremo
— ¿Será unha xudía negra?— pensou
Ó día seguinte lembrouse da cousiña negra. Foi ver como estaba. Quedou sorprendido. Durante a noite dobrara a súa lonxitude. Agora, tiña medio metro de lonxitude, coma un ovo negro.
Todos os días ía Xurxo mirala e cada día era máis grande. En realidade, cada mañá era o dobre de longa que a mañá anterior.
Cando tivo un tamaño de dous metros, Xurxo dixo:
—Estase facendo demasiado longa. Debo sacala e cociñala.
Deixouna un día máis.
Ó día seguinte, tiña catro metros de longo e ocupaba tanto espazo que non cabía en ningunha da…

PINTA MARIÑEIRO -ACT.DIDA.MUSEO DO MAR

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Avda. da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.es
¡PINTA MARIÑEIRO!


FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Nesta actividade os alumnos de primaria, pintarán un debuxo dun veleiro coas cores que eles queiran.

Nivel Educativo:
Educación Primaria. Cursos 1º e 2º

Áreas curriculares de aplicación:
Expresión artística
Coñecemento das partes que forman un barco

Obxectivos xerais:
Achegar ós rapaces ó mundo da navegación dunha maneira amena e sinxela.

Obxectivos específicos:
Fomentar tanto as aptitudes creativas como a expresión oral.
Espertar o interese polo mundo náutico.

Metodoloxía:
Os nenos, sentados no chan, na Sala de Navegación pintarán un debuxo dun velerio en alta mar. Colorearán este coas cores que eles queiran, para fomentar o desenvolvemento artístico. Cando rematen, os mariñeiros respostarán unhas sinxelas preguntas referidas ó barco: ás súas partes e porque se move no auga.

Temporalización:
Duración máxima aproximada 30…

CHORLITO NO MUSEO DO MAR

CHORLITO, O PIRATA

Chorlito, era un home feroz, cun gran bandullo, unha pata de pao e un garfo de aceiro en vez de man. Era o terror da “Mariña Lucense”. Tiña o nariz gordo coma unha berenxena. Faltáballe media orella e levaba un parche negro para tapar un ollo de vidro. Era o capitán dun buque pirata chamando “O Salmonete”, temido en todos os mares.

Chorlito e toda a súa tripulación levaban navegando unha semana en busca de Mariña, a filla maior do Marqués de Sargadelos. A moza tiña o rostro tan vermello que asustaba ó mirala, por iso a chamaban “Tomatiña”, pola noite podíanse ver na escuridade o fulgor das súas meixelas.

Ela fora raptada por un pirata inglés e os seus camaradas. Amosaba ser unha personaxe moi misteriosa. Ninguén coñecía o nome nin o pasado deste pirata. O seu alcume era“ Swordfish” que significaba peixe espada xa que tiña fama de arteiro espadachín. Era moi temido no Océano Atlántico xa que sempre saía victorioso de todas as regueifas. Era tan alto, tan alto, e…

CHORLITO O PIRATA NO MUSEO DO MAR: FICHA DIDACTICA

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Avda. da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.es

FICHA DIDÁCTICA


Descripción:
Con esta actividade pretendemos achegar ós cativos á forma de vida dos mariñeiros de antano, misturando neste conto varios mitos da literatura: sereas, piratas, batallas navais…Este conto está ambientado na Mariña Lucense.

Nivel Educativo:
Educación Primaria. Cursos 1º e 2º.

Áreas curriculares de aplicación:
Expresión oral
Coñecemento da literatura naval.

Obxectivos xerais:
Espertar a capacidade imaxinativa dos rapaces.
Fomentar o interese pola literatura de aventuras.

Obxectivos específicos:
Mostrar ós alumnos a historia cultural e tradicional da Mariña Lucense.
Comprensión da terminoloxía marítima mediante un conto ameno

Metodoloxía:
Os alumnos sentados ó redor do timón na Sala de Navegación escoitarán o conto. Mentres poderán ver un panel cos personaxes en distintas escenas da narración.

Temporalización:
Duración aproximada 30 - 40 minu…

vento en popa- Educación Primaria .Museo do Mar.

¡VENTO EN POPA ¡

FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Nesta actividade os cativos farán un barco, unha estrela… en papiroflexia

Nivel Educativo:
Educación Primaria. Cursos 1º e 2º

Áreas curriculares de aplicación:
Expresión artística.
Coñecementos de navegación e pesca.

Obxectivos xerais:
Fomentar o interese pola náutica, unha materia complexa, dunha forma amena e participativa.

Obxectivos específicos:
Dar a coñecer o mundo mariño, un medio que proporciona moitos recursos e permite o desprazamento por el.
Achegar os nenos á papiroflexia

Metodoloxía:
Na Sala de Navegación, os nenos sentados no chan, sobre as almofadas irán construindo paso por paso un pequeno barco de papel, unha estrela de cinco puntas ou un pequeno peixe (dependendo da dificultade da figura).

Temporalización:
Duración aproximada 30 - 40 minutos.

Idioma:
Galego / Castelán


Propostas de avaliación:
Na aula poderán repetir a figura que fixeron e outras un pouco máis difíciles, coa axuda do seu mestre.

Recursos materiais e didáct…

Toc,toc ... ¿Hai alguén? Actividade didáctica educación Infantil Museo d Mar

TOC, TOC… ¿HAI ALGUÉN?

FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Nesta unidade traballarase con puzzles de caracolas e bivalvos, familiarizando así ós rapaces coas cores e formas dos animais.

Nivel Educativo:
Educación Infantil.

Áreas curriculares de aplicación:
Área de comunicación e visualización.
Bioloxía mariña

Obxectivos xerais:
Potenciar o interese creativo.
Desenvolver destrezas manuais.

Obxectivos específicos:
Fomentar o interese polo grupo dos moluscos.
Alentar ós cativos a que se acheguen ó mar e ó seu entorno.
Reforzar as capacidades expresivas e de coordinación.

Metodoloxía:
Na Sala das Cunchas haberá un panel grande cun debuxo dun bivalvo, a Tridacna Gigas. Os nenos formarán pequenos grupos. Cada un terá seis pezas revoltas que colocarán ordenadamente ata formar a imaxe que teñen diante.

Temporalización:
Duración aproximada 30-40 minutos.



Idioma:
Galego / Castelán

Propostas de avaliación:
Na aula con posterioridade a visita ó Museo, farán coa axuda dos profesores un collage coa for…

Canta coa sereíña-actividade didactica educ.infantil Museo do Mar

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Avda. da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.es
CANTA COA SEREÍÑA

FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Nesta actividade estimularase a capacidade auditiva dos nenos. Escoitarán a banda sonora do filme da “Sereíña”.

Nivel Educativo:
Educación Infantil

Áreas curriculares de aplicación:
Musicalidade.
Expresión corporal.

Obxectivos xerais:
Estimulación da capacidade auditiva.
Potenciar a comunicación e a expresividade oral.
Realizar unha actividade lúdica para fomentar o traballo en equipo.

Obxectivos específicos:
Fomentar o interese polo Medio Mariño e ós seu habitantes.
Respectar e coidar o ecosistema acuático e as súas paisaxes.

Metodoloxía:
Na Sala das Cunchas os rapaces terán unhas follas cunhas cancións da banda sonora da “Sereíña”. Despois de facer o puzzle repartiranse a letra entre eles. A continuación todos xuntos intentarán cantar pequenos fragmentos á vez que realizan unha pequena coreografía.

Temporalización:
Durac…

Nada coa Balea -actividade didactica Museo do Mar educación infantil

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Avda. da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.es
NADA COA BALEA

FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Nesta actividade os cativos traballarán con puzzles, resaltando as formas e cores das baleas.

Nivel Educativo:
Educación Infantil.

Áreas curriculares de aplicación:
Comunicación e representación.
Expresión artística
Bioloxía da fauna mariña

Obxectivos xerais:
Potenciar o desenvolvemento educativo achegando os rapaces ós museos.
Fomentar a participación en grupo
Familiarizarse coa representación plástica.

Obxectivos específicos:
Estimular o interese por coñecer ós cetáceos.
Aprender nocións básicas do mundo mariño dun modo interactivo
Respetar o medio ambiente e os animais.

Metodoloxía
Na Sala das Baleas haberá un panel onde está debuxada unha balea. Os nenos formarán grupos collendo cada un seis pezas revoltas do puzzle. Terán que colocalas ordenadamente ata completar a imaxe que teñen diante.

Temporalización:
Duración aproxima…

Actividade para escolares educación Infantil Museo do Mar-Coñece os parentes das baleas

¡COÑECE ÓS PARENTES
DAS BALEAS!

FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Nesta actividades os rapaces coñecerán outras familias de cetáceos emparentadas coas baleas.

Nivel Educativo:
Educación Infantil.

Áreas curriculares de aplicación:
Comunicación
Percepción visual.
Bioloxía da fauna mariña.

Obxectivos xerais:
Achegar o alumnado ós museos e á cultura dunha maneira amena e
participativa.
Fomentar ó interese polo medio mariño e os seus habitantes
Aprender novas nocións sobre os animais mariños

Obxectivos específicos:
Diferenciar as principais familias de cetáceos.
Observar a diferente morfoloxía externa (forma, tamaño, colorido…) dos diferentes membros da orde dos cetáceos
Inculcar a protección polo medio ambiente e sobre todo polos cetáceos tan ameazados dende a antigüidade pola súa caza.

Metodoloxía:
Tras mostrar a exposición da Sala das Baleas, os alumnos sentaránse no chan diante dun panel imantado con distintos membros da orde dos cetáceos: golfiño, arroaz, candorca, cachalote, rorcual, ca…

Enrólate-Sae a Navegar-Actividade Museo do Mar Educacion Infantil

SAE A NAVEGAR!


FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Nesta unidade imos a traballar con puzzles, estimulando nos rapaces a colaboración entre eles.

Nivel Educativo:
Educación Infantil.

Áreas curriculares de aplicación:
Área de comunicación e visualización.

Obxectivos xerais:
Potenciar o interese creativo e constructivo.

Obxectivos específicos:
Coñecemento dos distintos elementos que constitúen un barco: casco, ponte de mando, portillos, ancla, …
Familiarizar os nenos coas formas dun barco montando as pezas do puzzle.

Metodoloxía:
Na sala de navegación haberá un panel grande cun debuxo dun barco. Os nenos formarán pequenos grupos. Cada un terá seis pezas revoltas que colocarán ordenadamente ata formar a imaxe que teñen diante.

Temporalización:
Duración aproximada 30- 40 minutos.

Idioma:
Galego/ Castelán



Propostas de avaliación:
Na aula, con posterioridade a visita ó Museo, farán, coa axuda dos profesores, un barco debuxado por eles mesmos, dacordo co que viron no Museo.

Recursos materiais did…

Enrolate -Fai o que queiras -actividade didáctica para educ infantil-Museo do Mar

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Avda. da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.es


¡FAI O QUE QUEIRAS!


FICHA DIDÁCTICA

Descripción:
Nesta actividade imos modelar con plastilina distintos elementos náuticos, vendo así a función que cumpren nun barco e a súa forma.

Nivel Educativo:
Educación Infantil

Áreas curriculares de aplicación:
Coñecementos náuticos
Representación artística (plástica)

Obxectivos xerais:
Poñer en coñecementos dos nenos os principias elementos que forman parte dun barco.

Obxectivos específicos:
Estimular o interese pola navegación mediante un exercicio didáctico.
Familiarizar os alumnos coas distintas clases de barcos: pesqueiros, de mercadorías, de pasaxeiros…

Metodoloxía:
Na sala da Navegación os nenos terán que elaborar en plastilina calquera elemento náutico que estea na sala. Logo, terán que decir porque o escolleron e contar o que saiban del (utilidades dese elemento).

Temporalización:
Duración aproximada 30-40 minutos

Idiom…

Experiencia de Teatro dentro de Rumbo Norte II gracias Lara

1º DÍA DEL TALLER en el Museo del Mar de San Ciprián toma de contacto con el juego dramático.

La forma de trabajar de Lara Fernandez la directora de la obra que se llevó a cabo en nuestro museo consiste en que partiendo del juego y el acercamiento a los cuentos e historias simples, los niños aprenden a expresarse, a relacionarse entre ellos y a construir situaciones vitales que después experimentarán en la vida real.

También trabajo mucho con música y sonidos para que descubran el ritmo en la expresión y el movimiento.
OBJETIVOS ESPECÍFICOS:
1. Fomentar el autoconocimiento.2. Trabajar la confianza personal y grupal.3. Aumentar la expresividad gestual, corporal, vocal y oral.4. Intensificar las habilidades de escucha, memoria, concentración y relajación.5. Poner en práctica sentido cooperativo.6. Entrenar la comunicación interpersonal no violenta.

SESIÓN:

· ¿cómo me llamo, cómo te llamas?

Ejercicio para que el niñ@ se presente a sus compañeros. Podemos hacer que el niño se ide…