INCLUSIÓN DO PROGRAMA INSTITUCIONAL INCLUSIVO DA REDE MUESÍSTICA PROVINICIAL DE LUGO AO BANCO DE BOAS PRÁCTICAS PARA A XESTIÓN CULTURAL
Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) , estamos a traballar na creación dun banco de boas prácticas para a xestión cultural, coa finalidade de poñer a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas entre outros perfís todo un escaparate de proxectos e exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural. Polo que nos poñemos en contacto para informar que o Programa Institucional Inclusivo da Rede Museística Provincial de Lugo foi un dos 100 proxectos culturais seleccionados en base a criterios de innovación (emprego de estratexias novas e creativas de solución a problemas comúns), efectividade nos seus resultados (nivel de éxito, ben nos resultados, ben nos procedementos para a solución dos problemas aos que vai dirixida) exemplaridade inspiradora (o seu efecto multiplicador...