EDICIÓN CRÍTICA DO PRIMEIRO CANCIONEIRO GALEGO "Ayes de mi Pais" no Pazo de Tor 04/01/2011 Este sábado 8 de xaneiro preséntase "Ayes de mi Pais" de Marcial de Valladares, o primeiro cancioneiro musical galego coa edición crítica recentemente publicada por José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei en Dos Acordes. A presentación será no Pazo de Tor (Monforte) ás 20 .30 h. Haberá un recital de guitarra de Isabel Rei interpretando pezas do cancioneiro. O Pazo de Tor, nas inmediacións de Monforte, acollerá a presentación do 1º Cancioneiro galego de musical, coetánea de pezas populares até agora inédito na súa versión completa. Precisamente nos ambientes da fidalguía pacega foi onde se desenvolveron as sensibilidades e se reinterpretaban estes temas nas soirées ou veladas musicais a mediados do século XIX, moi á moda europea nesta altura. Por esta razón haberá un pequeno concerto de guitarra no acto de presentación. Marcial Valladares e a súa famil...