Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2010

ESTATISTICAS MES DE XANEIRO PAZO DE TOR-

Precisamos máis información e comunicación do que acontece nestos Museos da Rede. Precisamos unha mellor sinalización . Precisamos algúns cambios... e dende a Area de Cultura se está a traballar para mellorar os servicios que como museos debemos  ofrecer.
Pero sobre todo precisamos que ti uses o boca a boca para dar a coñecer o que é teu. Precisamos que te sintas orgulloso dos teus museos ... PRECISAMOS QUE FORMES PARTE DA VIDA DOS NOSOS MUSEOS.
Alguén diría que o que importa e a calidade non a cantidade de visitantes... eu non opino o mesmo. As cifras son reflexo do que está acontecer e non serven disculpas.

Rexistro Visitantes Xaneiro 10 (1)
View more presentations from Encarna Lago.

GRAZAS POR ESTAR AHÍ

Como Xerente da Rede de Museos síntome feliz e orgullosa da resposta social que recibimos en cantas actividades deseñamos dende os Museos que dependen da Deputación Provincial.
Gustaríame destacar especialmente o número de persoas que se suman nos últimos tempos, as actividades dos Museos de San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo do Mar. Tendo en conta as dificultades clímaticas... , que hai que desprazarse... parece que todo terían que ser pegas pero non é así.
Grazas a xenerosidade do tecido artistico que tanto nos está aportando os museos da rede.

BRAIS GARCIA PON VOZ E LETRA A TORRE DE XIA (MUSEO ETNOGRAFICO DE SAN PAIO DE NARLA) APOIANDO O LABIRINTO ARIO

Ben. Teño unha mala nova. En principio, ía falar aquí a propia Torre de Xiá, pero entre os nervios e as chuvias desta semana enfermou un chisco. Quedou afónica. Pero, coma Fortaleza precabida que que foi e é, deixounos escrita unha pequena carta, que lles vou pasar a ler.


Imaxino moita xente ao pé de min. Visitantes dispostos a desfrutar do que nos meus adentros se está a cocer hoxe. Igual pensan que me collen de sorpresa, máis non, estaba avisada xa. Estránanse? Pois é certo. Seguro que non adiviñan como fun quen de me enterar. E como estou tan segura de que non han dar coa resposta contareilles logo como foi.
Sucedeu o sábado pasado, á noitiña, cando xa tiña o acubillo para durmiñar preparado. “Brrrr. Vaai frío!” tremía a capela ao meu carón. As miñas pedras aguantan ben mellor cas dela polo que sempre se me achega todo o que pode buscando de tornarse o aire frío. Asi, arrimadiñas as dúas, a capela e máis eu, pasámo-las noites mal que ben. Paquita non o sabe, cando vai un tempo…

CURIOSIDADES

ESTE SÁBADO CASTELAO CUMPLIRÍA 124 ANOS O DÍA 7 DE XANEIRO FIXO 60 ANOS DO SEU PASAMENTO

O Sábado os nenos  do Departamento de prensa da Rede  Museística que se reúnen mensualmente farán o programa de radio mensual as 17 horas dende o Museo Etnográfico de San Paio de Narla. En Friol estarán os nenos do Museo de San Paio, entrarán telefonicamente os corresponsais infantís dende o Museo do Mar de San Ciprián e  dende o Museo Pazo de Tor.Entre outros temas dedicarán o programa de radio á efeméride do nacemento de Castelao. O programa que se fará dende o Museo Etnográfico de San Paio de Narla   coincide ca data na que Castelao cumpliría 124 anos. Estamos no mes  de xaneiro en que naceu e finou:Alfonso Daniel Rodriguez Castelao naceu en Rianxo , na ría de Arousa, o 30 de xaneiro de 1886, no seo dunha familia mariñeira. Polo tanto o vindeiro sábado cumpriránse 124 anos desde o seu nacemento. Chegaría a ser a persoalidade política e cultural máis importante de Galicia. Caricaturista, autor literario e  político, soubo expresar problemas da sociedade galega dándolles universalida…

CHANTADA FILMS AGRADECE O APOIO

Alfredo Pardo HermidaEn nome de Chantada Films, grazas a tódolos artistas, escritores, músicos e espectadores en xeral por participar nos Actos do PAZO DE TOR. Apoyo para O Labirinto Ario www.lavozdegalicia.es El Pazo de Tor acogió la jornada de apoyo al cortometraje O Labirinto Ario de cara a los premios Mestre Mateo. Esta producción, dirigida por Alfredo Pardo y producida por Chantada Films ... Hace 7 horas · Comentar · Ya no me gusta · Compartir · Denunciar A ti, Sariita Herrera PuenteAlfredo Pardo Hermida y otras 4 personas más os gusta esto.

Masivo apoio de artistas, escritores, actores e público en xeral nos actos de apoio ao Labirinto Ario no Pazo de Tor

Alfredo Pardo HermidaHelena Villar Janeiro: Apoyo para O Labirinto Ario www.lavozdegalicia.es El Pazo de Tor acogió la jornada de apoyo al cortometraje O Labirinto Ario de cara a los premios Mestre Mateo. Esta producción, dirigida por Alfredo Pardo y producida por Chantada Films ... Hace 7 horas· Comentar · Ya no me gusta · Compartir · Ver muro a muro Te gusta esto. Helena Villar JaneiroAxudou o serán misterioso, as cores e as chocas dos peliqueiros, a mazanceiras liquenadas, o esotérico labirinto de fóra... E dentro xa, as voces recuperadas, as presentes, a música, ol humor, a buguina do bombardeo. E a enorme creatividade do filme. Un serán labiríntic

UNHA REDE NA REDE

O día de hoxe os Museos da Rede contan en facebook con perfiles e  xa pouco  a pouco un bo número de admiradores._O Museo Provincial do Mar 404 admiradores -O Museo Provincial de Lugo 324 admiradores -O Museo Etnográfico de San Paio de Narla 113 admiradores -O Museo Pazo de Tor 107 admiradores
Os Museos de San Paio de Narla , Provincial do Mar e Pazo de Tor teñen perfiles tamén dende xullo e contan con amigos ademáis de admiradores: Museo Provincial do Mar 174 amigos Pazo de Tor : 64 amigos San Paio de Narla 108 amigos

NUEVA EXPOSICIÓN DE ROBERTO GONZÁLEZ EN MEXICO

El artista de Monforte Roberto González Fernández llevará a México su 'Parque temático gay'. Y es que la muestra 'Queer theme park (10 mandamientos)', de la que el creador monfortino es responsable al 50% con el fotógrafo madrileño David Trullo, será inaugurada en la Academia de San Carlos de la Universidad Autónoma de México (México D.F.) el próximo 21 de enero.
Según explica Roberto González, sus 'Diez mandamientos' "son la puesta en práctica de un pensamiento transversal y perverso".
 diez epístolas de Xosé M. Buxán Bran, estarán abiertas para el público de la capital mexicana hasta el día 5 de febrero.

O CUARTO DE CONVIDADOS DO PAZO DE TOR: UXIO NOVONEYRA

SOMBRA DE SONOS NO BOSCO.UN BERRO POLA LINGUA

Os visitantes.
Visitas nos nosos fogares. Visitantes que se converten en convidados. Moitas fugaces, rematan no día. Outras son máis longas e fan noite
ou noites onde nós. Quen pode, ten un cuarto libre que renace nestas ocasións, que surxe e completa a casa. No Pazo de Tor temos un deses
cuartos Guadiana. Nel fixeron noite amigos da familia, visitantes que se acubillaban para descansar despois de ter parrafado, paseado e enchido
o bandullo coa hospitalidade das xentes de Tor.
Un dos nosos visitantes mais senlleiros de seguro tomou tempo en facer estas tres cousas. Non sería tolemia aventurar que tamén encheu
mente e corazón, collendo nos seus salóns e dependencias folgos espirituais que empregaría nos seus escritos. Estamos a falar de Uxío
Novoneyra.
Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2010 ao grande debullador dos paisaxes do Caurel; a Rede Museística Provincial gustaríalle
poder pór en marcha unha actividade que terá como contido entre outros da proxección animad…

CUMULUM ESTREA WEB. NORABOA ÓS AUTORES: XAVIER PRADOS E CRISTINA CORRAL POLO GRAN TRABALLO

CUMULUM (Del latín, cûmulum) m. Montón, junta de muchas cosas puestas unas sobre las otras. Fig. Junta, unión o suma de muchas cosas, aunque no sean materiales, como de trabajo, de razones, etc. Y eso somos nosotr@s también, un CUMULUM de personas que amalgamados, como si de un mosaico romano se tratase formásemos una de las obras que se encontraron bajo las calles de Lugo. Pequeñas piezas de colores y formas muy diversas pero que al unirse forman CUMULUM, un grupo de trabajo con fines culturales…

A MELLOR CAMPAÑA PUBLICITARIA DUN MUSEO: O LABIRINTO ARIO NO PAZO DE TOR

A Area de Cultura da Deputación Provincial, amosou como se realiza a mellor campaña publicitaria en rede dun museo, apostando polo audiovisual galego.Frente a publicidade de boligrafos e camisetas ou anuncios supercaros, apostar pola creatividade e os nosos artistas da os seus froitos. "O Labirinto Ario" supuxo pola súa repercusión a mellor campaña de promoción do Pazo de Tor. Medios do Estado e do Pais fixeronse eco da curta e do Museo donde se realizou durante varios meses. Agora a curta opta os premios Mestre Mateo e o día 23 se fará unha festa de promoción ó Audiovisual galego no Pazo de Tor. O programa de apoio da Rede Museística e a Area de Cultura será dado a coñecer o día 19 de xaneiro.

3º ENCONTRO GALEGO DAS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Fai anos propuxen ó colectivo Pontes nas Ondas ó Premio da Crítica de Galicia. Coñecinos  cando  iniciaban o camiño para impulsar ante  a Unesco a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galaico_Portugués como Patrimonio da Humanidade. Proxecto ó que nos sumamos e colaboramos intensamente(organizando material, exposicións en Portugal ... etc)Hoxe podemos ver na organización deste 3º Encontro  o gran  traballo que  as escolas asociadas da Unesco seguen  a facer.

O LABIRINTO ARIO RODADA NO PAZO DE TOR ESTÁ RECIBINDO UN AMPLO RESPALDO SOCIAL

O noso amigo  Alfredo Pardo Hermida coa súa curta O LABERINTO ARIO, rodada no Pazo de Tor  foi seleccionada para os Premios Mestre Mateo, da Academia Galega do Audiovisual, que se fallará no mes de abril. Dentro dunhas semanas haberá una selección entre as 24 curtas,  serán solamente catro as que opten ó galardón. Estamos preparando dende a Rede Museística unha  ampla programación de actividades para apoiar o audiovisual galego e ó Labirinto Ario .  Este traballo está tendo un amplo apoio social .

INAUGURACIÓN HOXE DA EXPOSICIÓN DE ARQUEOLOXÍA COMISARIADA POR OFELIA CARNERO E ENRIQUE ALCORTA NO MUSEO DE LUGO

ARQUEOLOXÍA 1990-2005
Dende a reapertura do MPL, en febreiro de 1991, non se organizara ningunha exposición de arqueoloxía con fondos depositados no Museo. No proxecto que anima ao Museo de dar a coñecer as pezas que conforman as súas coleccións tócalle a quenda agora á Sección de Arqueoloxía e Historia. Xorde así esta exposición que, baixo o título de “Arqueoloxía 1990-2005” pretende amosar algún aspectos da arqueoloxía da provincia de Lugo dende a prehistoria ata o século XVIII, dando a coñecer materiais procedentes de varias das intervencións arqueolóxicas levadas a cabo nese intervalo de 15 anos e depositados nas zonas de reserva deste centro.
Galicia foi unha das primeiras comunidades españolas en contar cun Servizo de Arqueoloxía, creado en 1985, dependente do goberno autónomo. En 1995 apróbase a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e o 10 de xullo de 1997 o decreto 199/1997 polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Galega. A aplicación desta lei supón que o MP…