Free counter and web stats

martes, 26 de enero de 2010

ESTE SÁBADO CASTELAO CUMPLIRÍA 124 ANOS O DÍA 7 DE XANEIRO FIXO 60 ANOS DO SEU PASAMENTO

E

O Sábado os nenos  do Departamento de prensa da Rede  Museística que se reúnen mensualmente farán o programa de radio mensual as 17 horas dende o Museo Etnográfico de San Paio de Narla.

 En Friol estarán os nenos do Museo de San Paio, entrarán telefonicamente os corresponsais infantís dende o Museo do Mar de San Ciprián e  dende o Museo Pazo de Tor.

Entre outros temas dedicarán o programa de radio á efeméride do nacemento de Castelao. O programa que se fará dende o Museo Etnográfico de San Paio de Narla   coincide ca data na que Castelao cumpliría 124 anos. 

Estamos no mes  de xaneiro en que naceu e finou:Alfonso Daniel Rodriguez Castelao naceu en Rianxo , na ría de Arousa, o 30 de xaneiro de 1886, no seo dunha familia mariñeira. Polo tanto o vindeiro sábado cumpriránse 124 anos desde o seu nacemento. Chegaría a ser a persoalidade política e cultural máis importante de Galicia. Caricaturista, autor literario e  político, soubo expresar problemas da sociedade galega dándolles universalidade. O dirixente político soubo manter unha liña consecuente, primeiro como parlamentario logo como loitador antifranquista e finalmente aglutinando á emigración galega en Estados Unidos, Cuba e Argentina.


124 anos desde o nacemento de Castelao .

O mesmo sábado día 30  teremos tamén os actos de apoio O Labirinto Ario no Museo Fortaleza de San Paio .

En 1986 celebrouse o ano Castelao Entrevistarán a Alfredo Pardo director da curta "O labirinto Ario e  á actriz  Beatriz Serén -Shelly,filla da marquesa de Tor