Museo Provincial do Mar Un museo para todXs entre todXs O noso Museo do Mar lévanos da man polo ronsel das pegadas herdadas dos nosos devanceiros: os facedores de mundos. O museo organízase nun vestíbulo e catro salas que conteñen sete seccións temáticas. O percorrido é accesible en cada sección. Nas salas gozarán dunha ampla oferta de pezas orixinais, maquetas e láminas en relevo para tocar en cada unha das seccións. Tamén contamos con textos impresos adaptados: cartelas, follas de sala, e informacións complementarias en braille, macrocaracteres, folletos en distintas linguas e información traducida a pictogramas. ENTRADA E SALA 1: 0. A ESCOLA: Un museo para todos entre todos. O LATEXO DO MUSEO: motores do barco e arquivo fotográfico. SALA 2: 1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO. 2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUÍDOS EN SAN CIBRAO. 3. A ARTE DE MAREAR: MIRANDO AO NORTE. Os instrumentos náuticos e a navegación astronómica. SALA 3:...