Ir al contenido principal

Hoy se Inició el campamento RUMBO NORTE IV en el Museo del Mar impartido por Amelia Pernas, Silvia Fiallega y Encarna Lago

05/07/2010
Comeza o Campamento Rumbo Norte no Museo Provincial do Mar de san Cibrao

Desde o 5 ao 10 de xullo e desde o 9 ao 14 de agosto vaise desenvolver no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Cervo, o IV Campamento Rumbo Norte que pretende achegar a rapaces de entre 4 e 16 anos os saberes tradicionais relacionados co mundo do mar.
+ Consulte aquí o programa completo da actividade>>

CAMPAMENTO RUMBO NORTE IV -2010
No programa de actividades que puxemos en práctica o pasado ano (verán 2009), quixemos introducir ós rapaces no día a día do mundo do mar e dos seus oficios, fabricar con eles unha nova lente que lles aportase unha forma diferente de mirar e de comprender a realidade do entorno co que interactúan a diario, pero para o que non posuían os suficientes coñecementos para interpretalo.
Neste senso, a proposta para o verán 2010 pretende asentarse nos mesmos obxectivos de diversión e aprendizaxe, interación co medio e de recuperación e difusión da memoria histórica e dos saberes tradicionais. Para acadar todos estes fins non so faremos partícipes ós nenos, senón que procuraremos a comunicación interxeneracional, estenderemos as nosas redes a pais, nais, avós...
Así pois, acodiremos novamente á rica tradición oral coa que contan tódalas sociedades mariñeiras, como é San Cibrao, donde as historias e as lendas do mar se transmiten de pais a fillos sen interrupción.
A idade dos nenos comprende un abano moi amplo, dos 4 ós 16 anos. Esta circunstancia unida á diversa procedencia dos participantes, requirirá que lle prestemos unha especial atención ó fomento de valores como o respecto pola diferencia, a responsabilidade para o coidado dos mais pequenos, o mantemento do material, a cooperación e as dinámicas de grupo, etc.
O programa de actividades dividirase en dous campamentos, un no mes de xullo e outro no mes de agosto.
A temática deste ano seguirá un derroteiro máis histórico e tamén seguindo incidindo na educación en valores. Así pois, as actividades fundamentaranse principalmente en estas liñas argumentais:

BLOQUE I: A navegación na Idade Moderna (ss. XV-XVI)
BLOQUE II: As artes de pesca para un medio mariño sostible.
BLOQUE III: As novas tecnoloxías e o mar.
BLOQUE IV: Contame ti conta conmigo: obradoiros de transmisión de saberes. Re-trato te retrato e tecendo experiencias.

Dentro do primeiro bloque, queremos destacar a importancia que tiveron os séculos XV e XVI para o despegue definitivo da construción naval e, por ende, da navegación. Utilizaremos o tema dos piratas e corsarios, tan atractivo para os rapaces a través de filmes coma “Piratas do Caribe”, para acercarlles un pedazo de historia que derrubou mitos, abriu mentes e descubriu mundos, e que significou o primeiro fenómeno de globalización coñecido, fundamentado sen discusión algunha, na arte de navegar: nova ciencia e grandes barcos a vela.

As liñas argumentais deste ámbito serán:
1- Descrición do proceso constructivo dun barco de vela na Idade Moderna e principais partes do navío.
2- ¿Por qué flotan os barcos?: o Principio de Arquímedes aplicado á construción naval.
3- Recreación da vida a bordo: a tripulación e as súas tarefas. Xogos de rol.
4- A navegación astronómica: seguimos o camiño das estrelas. Obradoiro de orientación e construcción de instrumentos de navegación.

Dentro do segundo dos bloques, desenvolveremos actividades que intentarán explicarlles ós rapaces o efecto nocivo que ten a sobrepesca ou o emprego de artes “depredadoras”, como os aparellos de arrastre, para a sostibilidade do medio mariño a medio e longo prazo. Tomaremos como exemplo de arte selectiva o curricán, empregado polos boniteiros de Burela.

Aproveitando este tema, volveremos a realizar unha das actividades estrela da pasada temporada, a captura de cangrexos con zarandas, como unha forma práctica de usar un aparello respectuoso co medio.

Para finalizar a experiencia, tamén repetiremos a preparación do chicharro lañado, tanto como unha forma de recuperación da tradición, a salgazón como medio de conservación do peixe.

Tódalas actividades que de seguido vamos relatar, quedarán debidamente rexistradas polos nenos, que cubrirán como xornalistas as súas propias experiencias no contexto da actividade VIDEO REDE, iniciada a campaña pasada con moito éxito tanto polo que atinxe ós protagonistas como ós seguidores das nosas andanzas polas canles que a Rede Museística ten habilitadas en Youtube ou nas redes socias da internet. Este seguimento mediático farémolo extensible ó programa de radio de carácter mensual que os rapaces están a producir desde o pasado verán.

Pretendemos tamén axudar a estreitar lazos entre distintas xeracións familiares como un medio de xuntar ó redor dunha mesa a todos os que facemos museo e renovar así os nosos votos de compromiso co futuro da institución.

Idades : 4 a 16 anos
Horario : 11 a 13,30 h. en xullo en agosto os días 9, 10, 11 de 17 a 19,30 h.
Prazas: 20
Datas:5, 6, 7, 8, 9 e 10 xullo
Agosto: 9, 10, 11, 12, 13 e 14 agosto

OBRADOIROS INCLUIDOS NO CAMPAMENTO RUMBO NORTE IV:
Bloque 1: Mestres: Encarna Lago e Silvia Fiallega

1- AS PARTES DUN BARCO : O GALEÓN
2- TRIPULACIÓN A BORDO
3- O BARCO PIRATA
4- ¡A ABORDAXE!
5- O MAPA DO TESOURO
6- EUREKA : O PRINCIPIO DE ARQUIMEDES: PQ FLOTAN OS BARCOS, 7- COMO FUNCIONA UN SUBMARINO
8- OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN: A NAVEGACIÓN ASTRONÓMICA
9- A ROSA DOS VENTOS: OS PUNTOS CARDINAIS E ORIENTACIÓN
10- OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE COMPAS
11- OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DUN ASTROLABIO OU SEXTANTE
12- CONSTRUCCION DUNHA AMPOLLETA (RELOXO DE AREA)

Bloque 2: Mestres: Encarna Lago e Silvia Fiallega
13- OBRADOIROS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL EN TORNO O MEDIO MARIÑO (ARTES DE PESCA)
14- TRAGAPEIXES
15- REDES DE DERIVA
16- PESCA SUBMARINA
17- NESTE PORTO HAI LUME?

Bloque 3: Mestres: Encarna Lago, Pilar García, Amelia Pernas e Ruth Nuñez
18- OBRADOIRO DE TRANSMISIÓN DE SABERES DENDE A MIRADA DA EXPERIENCIA: INICIACION A CESTERIA
19- RE-TRATO TE RETRATO: OBRADOIRO PARA AVOS E NETOS
_______
Información e inscricións:
Horario de verán (de xuño a setembro)
Martes a sábado:
Mañás de 11:00 a14:00
Tardes de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos:
Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado

O Museo permanecerá pechado os días 1 de xaneiro (Aninovo) 22 de Maio (Santa Rita), 24, 25, 31 de decembro e os dous festivos locais que acorde fixar o concello de Cervo cada ano

Entrada gratuíta

Museo Provincial do Mar
Avenida da Mariña s/n
San Cibrao
27890 Cervo (Lugo)
Tfno.: 982 594 572 / museodomar
www.museolugo.org


Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati