Ir al contenido principal

PRESENTAMOS AS ACTIVIDADES DA SEMANA DOS MUSEOS NA REDE MUSEISTICA

http://www.ustream.tv/channel/presentaci%C3%B3ns1

Mario Outeiro presentou a programación cultural da Semana dos Museos

O delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto á xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentou esta mañá o conxunto de actividades culturais que se desenvolverán arredor da Semana dos Museos, entre o 13 e o 19 de maio, en todos os museos da Rede Museística, con propostas que van desde a música ao recitado de poemas, encontros para favorecer a comunicación entre persoas maiores, etc.  

Tal e como destacou Mario Outeiro, “quíxose aglutinar na Semana dos Museos varias efemérides que coinciden no tempo: a primeira é o Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio desde o 1977 a proposta do ICOM, xunto coa proposta da Noite dos Museos que xurdiu a proposta do Ministerio de Cultura francés; outra é o noso Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano dedicado ao dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño; e tamén, o día 15 é o Día Internacional das Familias. Recollendo todo isto, elaborouse unha programación atendendo sempre as propostas participativas que nos foron chegando, polo que cremos que van ser un total éxito”.  

Mario Outeiro destacou o carácter “interxeracional” das propostas e que tamén van no camiño de “poñer en valor as nosas letras e a nosa cultura, xa que homenaxeamos a Roberto Vidal Bolaño co gallo das Letras Galegas, mais tamén a Rosalía no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos”.  

Pola súa banda, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, quixo resaltar que “moitas das propostas que desenvolvemos nesta Semana dos Museos parten das achegas das persoas que habitualmente teñen contacto coa Rede Museística ou son propostas de actividades por parte de asociacións e colectivos, co que se reforza a idea de facer museos vivos para todas e por todas, un traballo que desde a Rede Museística desenvolvemos en todas e cada unha das nosas actividades”.   

PROGRAMA
 
Luns, 13 de maio de 2013

19-00 h.- Cantando Cantares Gallegos (Rosalía de Castro) Interveñen: Marica Campo (retrato de Rosalía de Castro); Mini e Mero, e a soprano Alma Selene (interpretación musical). Promove este acto para conmemorar o 150º aniversario de Cantares Gallegos a Asociación Cultural Mujeres Entretejidas.   

Mércores, 15 de maio de 2013 (Día Internacional das Familias)
 16:30 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial. 18:00 h.- Encontro de familias do Clube Pequeamigos. Presentación do Clube Senior da Rede Museística Provincial. 18:30 h.- Concerto de Jotinho’s 

Venres, 17 de maio de 2013 (Día das Letras Galegas) Xornada de homenaxe ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se dedica este ano 2013 o Día das Letras Galegas.  

Libros libres
Nesta xornada, a Biblioteca do MPLugo pon a disposición dos amantes dos libros e da lectura exemplares procedentes de expurgo que se expoñerán na bancada inmediata á Sala de Exposicións.  

Photocall
Durante toda a semana que vai do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexe poderá caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle guste. Estas imaxes iranse subindo ás redes sociais da Rede Museística para que, quen o desexe, coas palabras escollidas elabore textos literarios no período comprendido entre o 20 e o 31 de maio.  

Concerto das Letras 19.00h.-. Obradoiro Fábrica de Sons, dirixido por Xesús Villarino.   

Sábado, 18 de maio de 2013 (Día Internacional dos Museos e Noite Europea dos Museos)

18:00 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.  

De 19:30 a 21:00 h.- Expresión e artes da palabra na música popular galega Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo  

21:00 h.- Lipdup da Rede Museística Gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina: Begoña Rodríguez Cacharrón.   Concerto da Noite dos Museos

23:00 h.- Paulovers. Cabaret alemán/vodebil   

Outros obradoiros durante todo o mes de maio Enrédate nas novas tecnoloxías
 Tratamos sobre riscos no uso das TIC por parte dos menores. Ao tempo, daremos a coñecer a rede virtual dos catro museos integrados na Rede Museística Provincial. Xogar, enredar e aprender a usar con sentidiño as TIC. Todos os xoves, de 18:00 a 19:30 h. Para nenos/as de 10 a 14 anos.

Vén, Mira … é Tempo de Creatividade De 12:00 a 13:30 h. Para nenos/as de 4 a 14 anos Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar …

Descargas

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati