Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como POLITICAS CULTURAIS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA: Xestión e Políticas Culturais nos concellos. Retos ante a COVID-19

O @consellocultura analiza a cultura municipal durante a crise da Covid-19. Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a COVID-19, documento que analiza as respostas das administracións municipais ante a crise sanitaria neste ámbito. A Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais foi creada para establecer un marco de referencia dentro do Consello da Cultura Galega onde se puidese debater e estudar unha parte quizais menos vistosa da creación artística e das representacións culturais, pero fundamental para o desenvolvemento cultural do país. O presente documento intenta sintetizar reflexións aportadas por persoas cunha grande experiencia e coñecemento especializado, convocadas polo Consello da Cultura Galega durante a vixencia do estado de alarma pola emerxencia sanitaria da COVID-19, sobre os retos e estratexias de futuro para a xestión e políticas culturais galegas. Trátase de achegar unha ollada local, pública e de proximidade, ofrecendo un conxunto d...