Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como DIA DAS LETRAS GALEGAS

PHOTO-CALL DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

PHOTO-CALL DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ROBERTO VIDAL BOLAÑO Esta actividade pretende render unha homenaxe simbólica a Roberto Vidal Bolaño a través das palabras e da caracterización que mellor o identificou: o chapeu e o nariz de pallaso. Os nosos visitantes terán un pequeno escenario no que farán un posado ataviados co sombreiro, o nariz de pallaso e nun cartelón no que escribirán con rotulador unha  palabra en galego, a que máis lles guste. Todas estas imaxes iranse colgando nas redes sociais do Museo e ó final da semana con tódalas palabras recollidas pediráselle ós usuarios da rede que elaboren relatos, poemas, en definitiva, un texto literario, con elas para que as compartan nos espazos web do museo. O photo-call levarase a cabo ó longo de toda a semana dos museos, do 14 ó 19 de maio. Os nosos usuarios poderán elaborar os relatos coas palabras escollidas por eles mesmos, desde o 20 de maio e ata final de mes  — en Redemuseistica. Museo Provincial de Lugo .

PRESENTAMOS AS ACTIVIDADES DA SEMANA DOS MUSEOS NA REDE MUSEISTICA

http://www.ustream.tv/channel/presentaci%C3%B3ns1 Mario Outeiro presentou a programación cultural da Semana dos Museos O delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto á xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentou esta mañá o conxunto de actividades culturais que se desenvolverán arredor da Semana dos Museos, entre o 13 e o 19 de maio, en todos os museos da Rede Museística, con propostas que van desde a música ao recitado de poemas, encontros para favorecer a comunicación entre persoas maiores, etc.   Tal e como destacou Mario Outeiro, “quíxose aglutinar na Semana dos Museos varias efemérides que coinciden no tempo: a primeira é o Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio desde o 1977 a proposta do ICOM, xunto coa proposta da Noite dos Museos que xurdiu a proposta do Ministerio de Cultura francés; outra é o noso Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano dedicado ao dramaturgo e actor Robe...