Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como TEXTOS CURATORIAIS

CRITICA ARTISTICA: EVA VEIGA NOS FALA DA EXPOSICIÓN DE SOLEDAD PENALTA NA REDEMUSEÍSTICA

O SEO DAS PALABRAS: A ESCULTURA DE SOLEDAD PENALTA Desa profunda alianza que Soledad Penalta mantén coa natureza, érguese o metal como un fito ao pé do camino. Un camiñar que non é só o da propia autora, senón tamén aquel que nos remite a toda a humanidade e aínda ao cosmos porque, ao noso entender, a obra desta escultora reflexiona, coma quen se detén na encrucillada do noso tempo, sobre esa complexa viaxe que é a evolución. Unha evolución que no que atinxe ao ser humano non é nin moito menos progresiva en todos os aspectos, malia o avance imparable da tecnoloxía. En soidade ou a moreas, desexantes ou en desconcerto, bogamos en dura loita contra os nosos propios límites e igualmente en lide con aquelas escuras forzas que nos dominan. En calquera caso, un proceso creativo o da vida que a arte tantas veces se empeña en escudriñar a través da súa realización. Unha realización que é xa unha achega de futuro porque esa toma de conciencia que a intuición do ou da artista nos depa...