Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Igualdade

9,10,11 de maio en Lugo VI Congreso Xéneros Museos Arte e Educación Rede Museística de Lugo

Presentado o programa do ‘VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo’ A deputada delegada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o  VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo que tratará o tema ‘Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros'. Este congreso vaise desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial, consonte ao programa que se adxunta, os días 9, 10 e 11 de maio de 2019. O prazo para realizar as inscricións para asistir abrirase o 1 de abril. VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo:  Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros Lugo, 9, 10 e 11 de maio de 2019 Sede: Museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. PRESENTACIÓN O...

A REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO convoca dous obradoiros no Museo Provincial do Mar para reflexionar sobre a desigualdade

O MPMar convoca dous obradoiros para reflexionar sobre a desigualdade  O departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar convoca dous obradoiros, un dirixido a adultos e outro a nenos e nenas, que teñen en común propostas para traballar e reflexionar sobre a desigualdade de xénero. Agora que se achega o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e que nos catros museos da Rede se poden visitar os 12 proxectos integrados en  EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE ’, convidamos a visitalos  e a participar nestas actividades. Obradoiro:   Cal non é oficio da muller do mar? Coa celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller preténdese dar visibilidade a desigualdade que no eido laboral existe entre homes...

BRINDIS DA REDE MUSEÍSTICA-IGUALADADE

Viva a Lei de Igualdade! Pola Lei de Igualdade 3/2007 e que se cumpra moito máis! Viva o Plan de Museos, Arte, Educación e Igualdade da Rede Museística! Viva o noso Plan de Igualdade e as nais que o pariron! Por que nin un só museo abra as súas portas se non cumpre as Leis de Igualdade! Por que se esixa o cumprimento da Lei de Igualdade! Viva a discriminación positiva e porque algún día deixe de ser necesaria! MUSEOS Porque haxa paridade nos comités directivos e padroados dos museos! Porque as xestoras culturais accedan máis facilmente a postos de dirección! Porque polo menos a metade das exposicións sexan de artistas mulleres! Porque as obras das artistas saian dos sotos das coleccións! Viva o fomento e ordenación do patrimonio artístico contemporáneo en termos paritarios! Por un incremento patrimonial de obras de artistas mulleres nas coleccións! Un hurra pola supervisión dunha asignación de recursos igualitaria en centros de arte! Porque se teñan en conta criterios de igualdade e...

O DIRECTOR DO CGAC SANTIAGO OLMO E A XERENTE DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO ENCARNA LAGO PRESENTARAN O DÍA 30 OS PROXECTOS SELECCIONADOS NA CONVOCATORIA ORGANIZADA POR MAV QUE FORMARA PARTE DA BIENAL MIRADA DE MULLERES 2016

Temos o pracer de vos convidar á presentación dos proxectos seleccionados na convocatoria organizada por  MAV  (12 de novembro ao 6 de xaneiro)  –Asociación Mulleres Artes Visuais- que formarán parte do programa principal da Bienal Mirada de Mulleres,  que terá lugar dende marzo a decembro de 2016 en diferentes cidades e países. A presentación terá lugar simultáneamente en tres espazos de cidades diferentes, onde participarán algunhxs dxs componentes do grupo de traballo encargado de valorar os proxectos:   Montse Badia , crítica de arte e comisaria, como experta externa,  dende o  Espai Francesca Bonnemaison en Barcelona ;  Santiago Olmo , director do Centro Galego de Arte Contemporánea, como experto externo, e  Encarna Lago , xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, como representante da xunta de MAV, dende o  CGAC en Santiago de Compostela;   María José Magaña Clemente , xestora no Instituto Cervantes, co...

Comeza o obradoiro do proxecto Quen lle dá a volta á tortilla?

Comeza o obradoiro do proxecto Quen lle dá a volta á tortilla? A primeira fase do proxecto consiste no desenvolvemento dun curso práctico ou obradoiro limitado a 20 prazas e 20 horas de duración que se vai desenvolver nas sedes dos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo desde o martes 7 ao sábado 11 de febreiro de 2012. Pode participar calquera persoa con inquedandas artísticas. + info e formulario de inscricións no obradoiro + info sobre o proxecto Quen lle dá a volta á tortilla O obradoiro exponse de xeito moi práctico e combina aspectos teóricos e aspectos lúdicos, demostrando que aprender é divertido. A súa metodoloxía baséase nunha reflexión lúdica e participativa, onde se valora todo o coñecemento e experiencia das persoas que estean involucradas, máis aló de cuestións teóricas, de xénero, procedencia ou idade. Horario do obradoiro Do martes 7 ao venres 10 de febreiro. Lugares: Pazo de Tor, Museo Provincial de Lugo, San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar. Custo...

A OBRA DA ARTISTA MAGDALENA SEIXAS EXPOSTA NO PROXECTO A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 3.O

A ARTISTA MAGDALENA SEIXAS MOSTRA A SÚA OBRA EN TRES MUSEOS DA PROVINCIA (MUSEO SAN PAIO DE NARLA , MUSEO PAZO DE TOR E MUSEO DO MAR) DENTRO DO PROXECTO A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 3.O .

A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 3.0

O próximo día 2 de agosto, a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a través da Rede Museística, porá en marcha en tres dos seus museos: no Museo do Mar de San Cibrao,Museo Pazo de Tor e Museo de San Paio de Narla a terceira fase do proxecto “O arte de ser muller nun mundo por compartir. 3.0” . Nel participan un conxunto de mulleres artistas apoiadas polo equipo de traballo da Rede Museística; co obxectivo de facer máis visible as mulleres dentro do mundo da arte e aportar un grauiño máis a prol da igualdade de xéneros e do cumplimento da lexislación vixente ao respecto. Esta fase do proxecto, logo das realizadas en Santiago de Compostela sendo a xenese de todo as reunións e actividades previas no Museo Pazo de Tor, vai ter unha duración de 27 semanas, cunha exposición colectiva no espazo ainda que non no tempo e rotatoria xestionada e organizada en base ao axioma do “custe 0” e o traballo traballo en rede. As primeiras artistas participantes van ser Sabela Arias , ...