O DIRECTOR DO CGAC SANTIAGO OLMO E A XERENTE DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO ENCARNA LAGO PRESENTARAN O DÍA 30 OS PROXECTOS SELECCIONADOS NA CONVOCATORIA ORGANIZADA POR MAV QUE FORMARA PARTE DA BIENAL MIRADA DE MULLERES 2016
Temos o pracer de vos convidar á presentación dos proxectos seleccionados na convocatoria organizada por MAV (12 de novembro ao 6 de xaneiro) –Asociación Mulleres Artes Visuais- que formarán parte do programa principal da Bienal Mirada de Mulleres, que terá lugar dende marzo a decembro de 2016 en diferentes cidades e países.A presentación terá lugar simultáneamente en tres espazos de cidades diferentes, onde participarán algunhxs dxs componentes do grupo de traballo encargado de valorar os proxectos: Montse Badia, crítica de arte e comisaria, como experta externa, dende o Espai Francesca Bonnemaison en Barcelona; Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea, como experto externo, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, como representante da xunta de MAV, dende o CGAC en Santiago de Compostela; María José Magaña Clemente, xestora no Instituto Cervantes, como representante da xunta de MAV, e Ivonne Brochard, investigadora e bloguera de arte, como socia de MAV elexida por sorteo, na Casa Encendida en Madrid.Disculpoua súa asistencia. Petra Pérez, directora da Galería La Vanguardia de Bilbao, como socia elexida por sorteo.Realizamos o convite a asistir e coñecer o proceso de traballo que seguimos nesta convocatoria, e a asistir no debate que terá lugar o sábado 30 de xaneiro dende as 12,30 ás 14,30h. A entrada é libre ata completar aforo.Madrid: Salón de audiovisuais planta baixa da Casa Encendida, Ronda de Atocha, 2Barcelona: Espai Francesca Bonnemaison, Sant Pere Més Baix 7Santiago de Compostela: CGAC, Rúa Valle Inclán, 2Saúdos dende MAV