Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2014

NUESTRO HOMENAJE A CARLOS VALCARCEL

http://www.fotocommunity.es/fotografo/carlos-valcarcel/1275640 http://www.diariodeleon.es/noticias/cultura/universidad-muestra-fotografia-etnografica-carlos-valcarcel_857631.html
Sobre Carlos Valcárcel empezaré diciendo que por encima de todo es un amigo que ha estado ahí siempre apoyando mi gestión en la Red Museística.  Nació en Lugo el 6 de enero del 1929. Comenzó su labor fotográfica a principios de los años sesenta, cuando un buen amigo le prestó una cámara fotográfica. Su arte fue reconocida en diferentes eventos, tales como el Premio Nector (6º) de 1968, la Medalla Gaudí (Reus) de 1969, el Trofeo Piel (Igualada) de 1970, el Trofeo Galicia (Ribadavia) de 1971, el Premio de Honor del Banco Hispano Americano de 1971 y 1977, el trofeo Galaico-Portugués del 1972, o la Folla de Carballo (1º premio) de 1974. “Claustro”, de Carlos Valcárcel Realizó diferentes exposiciones de su obra. De manera colectiva en la “I Fotobienal de Vigo de 1984”, en la “I Bienal Lucense de Fotografía de 1987…

ENTRE O SONO E OS SOÑOS . SOÑAR PARA CREAR NA REDEMUSEISTICA GRAN RESPOSTA DE PÚBLICO CHEO TOTAL GRAZAS A TOD@S

EXPOSICIÓN: Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina, no CENIMA de Foz Este venres, 21 de novembro de 2014, a partir das 17:00 h., no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña)

EXPOSICIÓN: Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina, no CENIMA de Foz
Este venres, 21 de novembro de 2014, a partir das 17:00 h., no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), Paseo da Ribeira s/n, en Foz), o vicepresidente primeiro de Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inauguran a exposición “Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina”, un proxecto da Rede Museística Provincial guiado polos principios da museoloxía social e do diálogo intercultural. PROGRAMA DO ACTO
-17:00h.: Presentación do proxecto “Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina" baixo as liñas de museoloxía social e do diálogo intercultural Por Encarna Lago Coordinadora do Proxecto.

-Charla da doutora en Historia Érica Sarmiento da Silva, profesora da Universidade do Estado do Rio de Janeiro e da Maestría da Universidade Salgado de Oliveira, e coordinadora do Laboratório de Estudos de Imigração.

-A emigración nas ondas desde Radio Foz. Conversas ó redor do mate e dun café coa participación…

O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” Lugo-Arxentina REDEMUSEÍSTICA PLANTALLE CARA AO MALTRATO

O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero
No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” levado a cabo pola Rede Museística da Deputación de Lugo, este venres, 21 de novembro de 2014, ás 12:00 h., terá lugar no MPLugo un evento interactivo entre Arxentina e Lugo.
Neste encontro, mulleres, nenas e nenos de Coronel Suárez (provincia de Bos Aires), e outras vilas veciñas, que están preparando a acción “O Voo das bolboretas” van interactuar online coa comunidade da Rede Museística de Lugo, para intercambiar experiencias no desenvolvemento desta acción contra a violencia de xénero. Participará xente que estivo construíndo bolboretas en Arxentina e en Lugo, e reflexionarase sobre a capacidade da arte para incidir na sociedade e na fortaleza e o ánimo das vítimas de violencia para saír do maltrato. O Voo das Bolboretas é unha acción creada por Luz Darriba que se fará en Arxentina, intervindo con milleiros de bolboretas a cidade de Coronel Suárez, e terá a súa replica en Lugo (en…

EXPOSICIÓN: Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística Inauguración: Mércores, 19 de novembro de 2014, ás 20:00 horas EXPOSICIÓN: Entre o sono e os soños “Soñar para crear na Rede Museística” Sala de Expoisicións do MPLugo

EXPOSICIÓN: Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística
Inauguración: Mércores, 19 de novembro de 2014, ás 20:00 horas EXPOSICIÓN: Entre o sono e os soños “Soñar para crear na Rede Museística”
Sala de Expoisicións do MPLugo

_____Horario de visitas
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

ENTRE O SONO E OS SOÑOS “Soñar para crear na Rede Museística” _____A multidisciplinariedade da Rede Museística da Deputación de Lugo, integrada polo Museo Provincial de Lugo, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, o Museo do Mar en San Cibrao e o Pazo de Tor en Monforte de Lemos, que constitúe un dos seus principais alicientes e fortalezas, xunto co equipo humano que traballa arreo en prol desta institución forman unha dualidade complementaria que se converte no seu principal activo contribuíndo ao fomento dunha reinvención constante, dinámica e actual que vai máis alá das funcións que lles son propias a …

O Grupo de Filosofía Doxa na Redemuseística de Lugo

Grupo Doxa O Grupo de Filosofía Doxa naceu a finais dos anos 80 e principios dos 90 na cidade de Lugo. Formado por un grupo de profesores de filosofía inquedos, críticos e reivindicativos, no 2009 volveu a tomar un impulso con novas aportacións e no 2012 organizou o seu primeiro foro na cidade luguesa, baixo o título ‘Volver pensar a democracia’. O ano pasado chegou a segunda edición, que tratou ‘O futuro do traballo’.
O grupo de filosofía Doxa convida a analizar esta semana a ética e o capitalismo no Museo Provincial de Lugo O terceiro Foro Galego de Filosofía organizado por este colectivo ofrecerá tres relatorios entre o mércores, día 12, e o venres 14, a cargo de distintos profesores universitarios. A entrada será libre e as charlas darán comezo todos os días ás oito da tarde no refectorio do museo. “Un ano máis a área de Cultura da Deputación colabora co Grupo Doxa co fin de organizar un foro que nesta edición se dedica a estudar as temáticas da ética e o capitalismo”, sinalou Mar…

CREATIVIDAD E INCLUSIÓN

REFLEXIONES SOBRE GESTIÓN CULTURAL

Rosa Campillo "gestionar el Patrimonio Histórico Cultural será administrarlo de tal modo que no sólo no se deteriore o perezca, sino que se rehabilite, se enriquezca, sea conocido y disfrutado por todos y se convierta en un elemento de desarrollo social y económico" (Campillo 1998, pág. 171). Cómo conseguirlo es el objetivo final de todas las funciones que se integran en la gestión; funciones todas ellas básicas para conseguirlo de manera integral, por lo cual no deberían existir jerarquizaciones internas que hiciesen prevaler unas frente a otras. Se pueden identificar básicamente tres grandes áreas funcionales de gestión: la investigación, la conservación y la comunicación global.

OBRADOIRO CLUB SENIOR IMPARTIDO POR LUZ DARRIBA : CONTAR A VIDA

Charla para orientar a pais e nais nas tarefas de estudo dos seus fillos Profesionais do Centro Psicopedagóxico Crea ofrecen este sábado, 8 de novembro, a partir das 11:00 h. na Sala Multiusos do MPLugo, unha charla orientativa para pais e nais en relación cos deberes deberes dos seus fillos. Actividade organizada a Federación de Asociacións de Pais e Nais da Provincia de Lugo (FAPACEL)

Charla para orientar a pais e nais nas tarefas de estudo dos seus fillos
Profesionais do Centro Psicopedagóxico Crea ofrecen este sábado, 8 de novembro, a partir das 11:00 h. na Sala Multiusos do MPLugo,Redemuseística, unha charla orientativa para pais e nais en relación cos deberes deberes dos seus fillos. Actividade organizada a Federación de Asociacións de Pais e Nais da Provincia de Lugo (FAPACEL) en colaboración coa área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Entrada de balde. ‘Tarefas escolares: aprendendo a ser autónomo’, é unha guía sobre como axudar cos deberes escolares, ata onde deben chegar coa axuda pais e nais e como poden levar a cabo esta tarefa. Está dirixida a nenos desde os 6 anos e ata o Bacharelato.
Para acadar este fin, dividen a guía en dous puntos principais. O primeiro xurde antes de empezar a traballar co rapaz e consiste en avaliar “se xa é autónomo ou non na realización das tarefas.A tal fin usarán un pequeno cuestionario que poderán empregar para respond…

A REDEMUSEISTICA COLABORARÁ CO CULTURALAB DO MASTER DE SERVIZOS CULTURAS DA USC

O CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC presentouse hoxe no MPLugo

ASUNTO:
                       Presentación aos medios de comunicación do PROGRAMA CULTURALAB.
LUGAR:
             Refectorio do Museo Provincial de Lugo.
DATA:              Xoves, 6 de novembro de 2014.
HORA:             11:30  horas.
ASISTIRON:

1.Mario Outeiro Iglesias, deputado- delegado da Área de  Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
2.Carmen Silva, vicerrectora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo.
3.Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.
4.Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.
5.Francisco Quiroga, Coordinador de CulturaLab.
O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto coa coordinadora do Máster en Servizos Culturais e vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e o coordinador do CulturaLab deste máster, Fran Quiroga, presentaron o proxecto CulturaLab que forma parte do Máster en Serv…

O Museo Provincial de Lugo conmemora o cuarto século da morte do Greco e o 75 aniversario do pasamento do pintor lugués Xosé Rodríguez Corredoira. Na pinacoteca exponse unha copia feita por Corredoira do "San Bernardino de Siena", obra orixinal do artista nado na illa grega de Creta e morto en Toledo.

Na foto de esquerda a dereita Encarna Lago , Aurelia Balseiro e Mario Outeiro
O Museo Provincial de Lugo conmemora o cuarto século da morte do Greco e o 75 aniversario do pasamento do pintor lugués Xosé Rodríguez Corredoira. Na pinacoteca exponse unha copia feita por Corredoira do "San Bernardino de Siena", obra orixinal do artista nado na illa grega de Creta e morto en Toledo.