O CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC presentouse hoxe no MPLugo
ASUNTO:
Presentación aos medios de
comunicación do PROGRAMA CULTURALAB.
LUGAR:
Refectorio do Museo Provincial de Lugo.
DATA:
Xoves,
6 de novembro de 2014.
HORA:
11:30 horas.
ASISTIRON:
1. Mario Outeiro Iglesias, deputado- delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
2. Carmen Silva, vicerrectora de Servizos Universitarios do Campus
de Lugo.
3.
Encarna Lago, xerente da Rede
Museística da Deputación de Lugo.
4.
Aurelia Balseiro, directora do Museo
Provincial de Lugo.
5.
Francisco Quiroga,
Coordinador de CulturaLab.
O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto coa coordinadora do Máster en Servizos Culturais e vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e o coordinador do CulturaLab deste máster, Fran Quiroga, presentaron o proxecto CulturaLab que forma parte do Máster en Servizos Culturais da USC. A área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na financiación deste proxecto.
Programa e Estrutura do CulturaLab
O CulturaLab é un laboratorio de transmisión de coñecementos para o desenvolvemento de proxectos culturais aberto á participación do alumnado do Máster en Servizos Culturais da USC, un posgrao oficial impartido na Facultade de Humanidades do campus de Lugo que mantén unha demanda sostible de alumnado.
Os estudantes deste posgrao, aos que esta mesma tarde Fran Quiroga presentará o proxecto, serán os principais protagonistas e artífices do CulturaLab, no marco do que, ben en grupo ou a título individual, deberán presentar un proxecto cultural. Este traballo será compatible coa carga académica do propio posgrao, xa que se poderá aproveitar para a elaboración do traballo final de máster.
Durante este período de formación haberá una serie de obradoiros/conversas, nas que ous seus condutores/as procurarán dar algunhas chaves para o desenvolvemento da proposta de proxecto cultural ideada. Estas sesións desenvolveranse a partir do mes de xaneiro na sede do Museo Provincial de Lugo e serán abertas para o público en xeral.
No mes de marzo deberán presentar de forma pública os proxectos culturais, así como o documento de proposta de proxecto. A avaliación realizarase entre o propio alumnado, o coordinador do CulturaLab do Máster de Servizos Culturais e unha coordinadora de proxectos do Matadero, Centro de Creación Contemporánea (3º mellor institución cultural do Estado, segundo o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea). A innovación, a incidencia social, a presenza da muller, o uso do galego ou a repercusión para a provincia de Lugo, entre outros, serán algúns dos criterios valorados no proceso de avaliación.
»» + info sobre este proxecto