Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

María Xosé Domínguez: Pegadas dun compromiso, no Museo Pazo de Tor

edemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=154&id=3045http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=154&id=3045
María Xosé Domínguez: Pegadas dun compromiso, agora no Museo Pazo de Tor Esta instalación, que formou parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, 12 proxectos que se expuxeron nos catro museos da Rede Museística e na sala de exposicións do Pazo de San Marcos desde o 1 de febreiro ata o 1 de abril de 2018, chega agora ao Pazo de Tor. Inauguración: venres, 18 de maio (Día Internacional dos Museos) ás 12:00h. A obra de María Xosé Domínguez ‘Pegadas dun compromiso, 2018’, que amosa fotografías pertencentes ao arquivo familiar da artista, agáchase unha crítica social, que cuestiona o que realmente implica o casamento, abordado desde unha perspectiva feminista, que nos convida a cuestionarnos quen somos. Para esta mostra no pazo de Tor incorporase a fotografía da última dona do Pazo, dona María de la Paz Taboada de Andrés e Zúñiga. Horario de visitas ao Mus…

Musavisitas pola Rede Visitas guiadas e gratuítas aos catro museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo. Atención aos horarios!

Musavisitas pola Rede Visitas guiadas e gratuítas aos catro museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo. Atención aos horarios! Dentro das actividades de mediación da Rede Museística da Deputación de Lugo, que trata de achegar os seus contidos, ademais de ao mundo da escola, ao público en xeral, esta rede organiza, a partir de mañá, día 9 de outubro, as MUSAVISITAS POLA REDE, actividade nas que os visitantes poden gozar de visitas guiadas aos diferentes museos que integran esta rede e que se suman á oferta das concertadas previamente. Estas visitas guiadas e gratuítas van ter lugar todos os días, de acordo co seguinte horario: Museo Provincial de Lugo: 11:30, 12:30, 17:30 e 19:00 horas. Museo Pazo de Tor: 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas (agás os luns). Museo Fortaleza San Paio de Narla: 12:00 horas e ás 17:00 horas (agás os luns).
Museo Provincial do Mar: 12:00 horas e ás 17:00 horas (agás os luns).http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=9&id=3094

DÍA EUROPEO DA CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN NA REDE MUSEÍSTICA DE LUGO

https://asociacion-acre.org/acciones/dia-europeo-de-la-c-r/

A Rede Museística celebra o Día Europeo da Conservación-Restauración do Patrimonio CulturalConservar é labor cívico e comunitario. Restaurar só o poden facer profesionais O 14 de outubro conmemorase o Día Europeo da Conservación-Restauración que promove E.C.C.O. (European Confederation of Conservator-Restorers' Organisations) e ACRE (Asociación Profesional de Conservadores Restauradores de España). Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo sumámonos a esta celebración que ten por obxectivo principal sensibilizar ao común da poboación sobre a necesidade de conservarmos o noso Patrimonio Cultural e no caso de precisar restauración, lembrar que sempre deben ser os profesionais cualificados os encargados de realizalo.PROGRAMA DE ACTIVIDADES É por iso polo que a Rede Museística a través do seu departamento de Restauración programa para a semana do 8 ao 14 de outubro unha serie de actividades  dirixidas a toda a socied…