https://asociacion-acre.org/acciones/dia-europeo-de-la-c-r/
A Rede Museística celebra o Día Europeo da Conservación-Restauración do Patrimonio Cultural
Conservar é labor cívico e comunitario. Restaurar só o poden facer profesionais
O 14 de outubro conmemorase o Día Europeo da Conservación-Restauración que promove E.C.C.O. (European Confederation of Conservator-Restorers' Organisations) e ACRE (Asociación Profesional de Conservadores Restauradores de España). Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo sumámonos a esta celebración que ten por obxectivo principal sensibilizar ao común da poboación sobre a necesidade de conservarmos o noso Patrimonio Cultural e no caso de precisar restauración, lembrar que sempre deben ser os profesionais cualificados os encargados de realizalo.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
É por iso polo que a Rede Museística a través do seu departamento de Restauración programa para a semana do 8 ao 14 de outubro unha serie de actividades dirixidas a toda a sociedade coas que se pretende informar sobre os criterios científicos que aplican os profesionais da conservación-restauración do noso patrimonio para sabermos distinguir un traballo rigoroso e eficaz dunha chapuza, que terán continuidade durante 2018-2019, xa que se celebra o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
»Museo Provincial de Lugo
Luns, 8 de outubro
19:00h.-Restaurador vs. Afeccionado. A casuística do patrimonio moble.
A charla versa sobre a necesidade de concienciármonos sobre as distintos niveis de colaboración social e de intervención profesional na correcta conservación dos bens culturais. A sesión práctica consistirá nun exercicio simulado de reintegración pictórica para coñecer os criterios e códigos que aplican os conservadores-restauradores profesionais.
»Museo Provincial do Mar
Martes, 9 de outubro
19:00h.-Restaurador vs. Afeccionado. A casuística do patrimonio cultural subacuático.
A charla versa sobre a necesidade de concienciármonos sobre as distintos niveis de colaboración social e de intervención profesional na correcta conservación dos bens culturais. Explicaranse as pautas que debemos seguir en caso de achados casuais de obxectos procedentes de pecios ou xacementos submarinos.
»Museo Pazo de Tor
Mércores, 10 de outubro
19:00h.-Restaurador vs. Afeccionado. A casuística dos edificios históricos.
A charla versa sobre a necesidade de concienciármonos sobre as distintos niveis de colaboración social e de intervención profesional na correcta conservación dos bens culturais. Veranse intervencións de conservación-restauración realizadas no Pazo de Tor, como exemplo de edificio histórico, para divulgar os criterios que aplican os conservadores-restauradores profesionais.
»Museo Fortaleza San Paio de Narla
Xoves, 11 de outubro
19:00h.-Restaurador vs. Afeccionado. A casuística do patrimonio etnográfico
A charla versa sobre a necesidade de concienciármonos sobre as distintos niveis de colaboración social e de intervención profesional na correcta conservación dos bens culturais. Veranse exemplos de intervencións de conservación-restauración sobre algún obxecto etnográfico dos que se conservan neste museo, para coñecer os criterios que aplican os conservadores-restauradores profesionais.