Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2017

INVESTIGACIÓN NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO /PERCORRIDO POLA COLECCIÓN NUMISMÁTICA DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

HUMOR DO PAIS DE LUIS DAVILA EXPOSICIÓNS DA REDE MUSEISTICA ÚLTIMOS DÍAS

‘Humor do país’ de Luis Davila (O Bichero) nos museos da Rede Museistica
Dentro da programación dos museos da Rede Museística (VER) para conmemorar o Día Internacional dos Museos 2017 contamos coa exposición ‘Humor do país’ de Luis Davila quen, ademais, participará nas presentacións desenvolvendo un obradoiro en cada un dos museos. Tanto as exposicións como os obradoiros correspondente atenden á temática específica dos contidos e da contorna de cada museo da Rede.
MUSEO PAZO DE TOR »Presentación da exposición/obradoiro “Humor do país” (Luis Davila) e visita guiada ao Museo Pazo de Tor Data: sábado, 13 de maio Aproveitando a circunstancia de que Luis Davila, O Bichero, vai estar no Pazo de Tor convidámoste a unha visita guiada ao Pazo e a asistir á presentación/obradoiro da súa exposición que terá lugar ás 12:30 h. Dispoñemos dun autobús de 50 prazas, totalmente gratuíto, que sairá de Lugo (Praza de Sto. Domingo) ás 9:00 h. e regresará unha vez rematado o acto, chegando a Lugo aproximada…

ASÍ NACEU O PROXECTO FOTOGRAFÍA A CEGAS

Fotografía a cegas Resulta imprescindible que os recursos culturais dun museo estean ao alcance de todos os cidadáns para poñermos á súa disposición o coñecemento e a formación que a arte ofrece. Facilitar a súa proxección didáctica e conseguir que as obras sexan accesibles ao maior número de público, aínda que posúan códigos de interpretación e de percepción moi diferentes é o noso obxectivo: museos para todxs entre todxs. Na Rede de Museos, a través do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade adscrito á Xerencia, vimos traballando xa noutra fase nun proxecto de eliminación de barreiras dende o outro lado: ”as barreiras que pon o persoal discapacitado” e  tamén a súa adaptación ao posto de traballo. Para propiciar e potenciar ese achegamento e adaptar o posto de traballo da nosa compañeira cega, a guía Angeles Míguelez, tivemos que crear estratexias  de achegamento das coleccións a todos.  Con ela decidimos que tiñamos que aproveitar o seu potencial e traballar os outros …

LEMBRADE QUEDAN POUCOS DÍAS PARA QUE REMATEN AS EXPOSICIÓNS "HUMOR DO PAIS" DE LUIS DAVILA NOS CATRO MUSEOS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO

ENCARNA LAGO PARTICIPARÁ EN OUTUBRO NO IV CONGRESSO INTERNACIONAL EDUCACAO E ACCEBILIDADE EM MUSEUS E PATRIMONIO EN LISBOA

Teño o pracer de informar que o Comité Cientifico do IV Congresso Internacional Educação e Acessibilidade em Museus e Património
Formação para a Inclusão: A Acessibilidade Universal é exequível seleccionou a nosa participación no mesmo coa Conferência | Encarna Lago, Experiencias innovadoras de formación e inclusión social, en la red museística provincial de Lugo, referenciadas como buenas prácticas en la UE.

BLUES MUSEUM -I FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES DE LUGO- REDEMUSEISTICA

ENCARNA LAGO XERENTE DA REDE MUSEÍSTICA PARTICIPARÁ EN SETEMBRO NO SEMINARIO MUSEOS ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA NO MUSEO DO POBO GALEGO

Seminario MUSEOS, ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA
Santiago de Compostela, 28, 29 e 30 setembro 2017
1
O Museo do Pobo Galego, ao cumprirse o 40º aniversario da súa apertura ao público, convoca á celebración, no mes de setembro de 2017, dun Seminario dedicado ao tema dos museos etnográficos e antropolóxicos e a súa situación actual en Galicia.
Obxectivos
▪ Reflexionar sobre o patrimonio de interese etnoantropolóxico en xeral e especialmente en relación ao ámbito galego.
▪ Analizar as relacións e as percepcións da sociedade común e das administracións en relación ó patrimonio etnoantropolóxico.
▪ Establecer un moi necesario debate sobre os chamados ‘patrimonio material’ e ‘patrimonio inmaterial’, e súa correlación coas normais legais e administrativas (en particular a nova Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural) e, sobre todo, coa verdadeira realidade patrimonial.
▪ Analizar os problemas e perspectivas actuais dos museos, coleccións, ecomuseos, recoñecidos ou non oficialmente, incluíndo parques t…

crowdsourcing na REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO

Bos días desde o Pazo de Tor! Hoxe volve ser venres de peza e seguimos ofrecéndovos materiais para que colaboredes con nosoutros na investigación das nosas coleccións. Porque, QUE SABES TI? Desta volta seguimos co tema bélico e temos dúas pezas de periodos totalmente diferentes, por un lado unha baioneta dos tempos da invasión napoleónica; e por outro lado, unha máscara antigás modelo M31 de fabricación italiana,  baseada nun modelo alemán, que se usou durante a Guerra Civil.  Así pois, QUÉ SABEDES VOSOUTROS DE TODO ISTO? Todos aqueles que queirades participar poderedes enviar as vosas aportacións ó correo pazodetor@museolugo.org ou enviar arquivos (texto, audio, vídeo, foto) a través de Wetransfer. #DIM2017



INCLUSIÓN DO PROGRAMA INSTITUCIONAL INCLUSIVO DA REDE MUESÍSTICA PROVINICIAL DE LUGO AO BANCO DE BOAS PRÁCTICAS PARA A XESTIÓN CULTURAL

Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)estamos a traballar na creación dun banco de boas prácticas para a xestión cultural, coa finalidade de poñer a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas entre outros perfís todo un escaparate de proxectos e exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.
Polo que nos poñemosen contacto para informar que o Programa Institucional Inclusivo da Rede Museística Provincial de Lugofoi un dos 100 proxectos culturais seleccionados en base a criterios de innovación (emprego de estratexias novas e creativas de solución a problemas comúns), efectividade nos seus resultados (nivel de éxito, ben nos resultados, ben nos procedementos para a solución dos problemas aos que vai dirixida)exemplaridade inspiradora (o seu efecto multiplicador e que poida servir como ferramenta de capacitación) e transferibilidade (que sexa aplicable a outro…

JUAN IGNACIO MARQUEZ , ANA FERRO , VITA MARTINEZ E ENCARNA LAGO IMPARTEN OBRADOIRO NO CENTRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS DE GALICIA

VERÁN NA REDE MUSEISTICA GRACIAS A MOITA XENTE

http://redemuseisticalugo.org/
XESTIÓN DE RECURSOS/SOSTENIBILIDADE/ CREATIVIDADE/AUSTERIDADE/COMUNIDADE
Programamos mais de 40 obradoiros ofertando mais de 600 prazas ENTRE TODXS  os departamentos da Rede Museística da  Deputación Provincial . Como Xerente da Rede responsable de dita programación quero agradecer axs meus compañeirxs o seu traballo e dedicación nesta programación así como a comunidade e xs dous artistas que nesta ocasión participan da mesma.
Coste total material  24 obradoiros deseñados por persoal da RMP  1.448,9 euros Material  para 4 Campamentos de arqueoloxía nos catro museos: 499,98 euros Material  para un  Obradoiro Ex-libris : 122,57 euros Material para 19 obradoiros nos catro museos impartidos polo persoal da Rede : 826,35 euros 16 obradoiros impartidos por artistas material incluído:3.800 euros
Total gasto orzamentario obradoiros de verán da RMP 2017 para 600 nenxs  4.626,35 euros.

ARTIGO DE ENCARNA LAGO EN CULTURA DIXITAL. MURALLA ABERTA PÁX 10-.25

https://drive.google.com/file/d/0B09JKomAPjpTazZEbTYwZFY3YWs/view

A Rede Museística Provincial. Dez anos construíndo comunidade (artigo en Lugo Cultura Dixital. Muralla aberta #1) ARede Museística Provincial de Lugo constitúese oficialmente en xuño de 2006 aglutinando catro museos que dependen da Deputación Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla. Estes catro museos xa se viñan xestionando dende o Museo Provincial de Lugo,algúns dende o momento da súa creación e outros dende a incorporación ao ente provincial. (.... seguir lendo, páx. 10-25)
Revista: ►Lugo Cultura Dixital. Muralla aberta #1