Bos días desde o Pazo de Tor! Hoxe volve ser venres de peza e seguimos ofrecéndovos materiais para que colaboredes con nosoutros na investigación das nosas coleccións. Porque, QUE SABES TI? Desta volta seguimos co tema bélico e temos dúas pezas de periodos totalmente diferentes, por un lado unha baioneta dos tempos da invasión napoleónica; e por outro lado, unha máscara antigás modelo M31 de fabricación italiana, baseada nun modelo alemán, que se usou durante a Guerra Civil.
Así pois, QUÉ SABEDES VOSOUTROS DE TODO ISTO?
Todos aqueles que queirades participar poderedes enviar as vosas aportacións ó correo pazodetor@museolugo.org ou enviar arquivos (texto, audio, vídeo, foto) a través de Wetransfer.
#DIM2017
Comentarios
Publicar un comentario