Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2012

Comeza o obradoiro do proxecto Quen lle dá a volta á tortilla?

Comeza o obradoiro do proxecto Quen lle dá a volta á tortilla?
A primeira fase do proxecto consiste no desenvolvemento dun curso práctico ou obradoiro limitado a 20 prazas e 20 horas de duración que se vai desenvolver nas sedes dos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo desde o martes 7 ao sábado 11 de febreiro de 2012. Pode participar calquera persoa con inquedandas artísticas. + info e formulario de inscricións no obradoiro
+ info sobre o proxecto Quen lle dá a volta á tortilla

O obradoiro exponse de xeito moi práctico e combina aspectos teóricos e aspectos lúdicos, demostrando que aprender é divertido. A súa metodoloxía baséase nunha reflexión lúdica e participativa, onde se valora todo o coñecemento e experiencia das persoas que estean involucradas, máis aló de cuestións teóricas, de xénero, procedencia ou idade.

Horario do obradoiro
Do martes 7 ao venres 10 de febreiro. Lugares: Pazo de Tor, Museo Provincial de Lugo, San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar.
Custo po…