Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como CRITICA ARTISTICA

O GRUPO DE FACEBOOK DE ENTOLEARTE ACTUALMENTE ESCAPARATE DE MOIT@S ARTISTAS E FORMADO POR 590 PERSOAS DECIDE POR VOTACIÓN SI SE CONVIRTE TAMÉN NUNHA PLATAFORMA DE PENSAMENTO, CRITICA E ENCONTRO DE PROFESIONAIS DA ARTE.

  Queremos iniciar unha nova etapa no grupo e precisamos da vosa axuda. Queremos que este grupo sexa unha plataforma non só para mostrar o que todos facemos se non un lugar de discusión e encontro de profesionais da arte. Entolearte foi un proxecto especial dentro de outro proxecto que se chamaba Enredarte. Por iso queremos cambiarlle o nome ao grupo e poñerlle Enredarte. A maiores queremos elexir tres proxectos ao mes dos que colguedes para darlle mais visibilidade publicándoo na web de Enredarte. Si, pareceme unha grande idea +1 Non, prefiro que o grupo siga asi N.s./n.c.

CRITICA ARTISTICA: EVA VEIGA NOS FALA DA EXPOSICIÓN DE SOLEDAD PENALTA NA REDEMUSEÍSTICA

O SEO DAS PALABRAS: A ESCULTURA DE SOLEDAD PENALTA Desa profunda alianza que Soledad Penalta mantén coa natureza, érguese o metal como un fito ao pé do camino. Un camiñar que non é só o da propia autora, senón tamén aquel que nos remite a toda a humanidade e aínda ao cosmos porque, ao noso entender, a obra desta escultora reflexiona, coma quen se detén na encrucillada do noso tempo, sobre esa complexa viaxe que é a evolución. Unha evolución que no que atinxe ao ser humano non é nin moito menos progresiva en todos os aspectos, malia o avance imparable da tecnoloxía. En soidade ou a moreas, desexantes ou en desconcerto, bogamos en dura loita contra os nosos propios límites e igualmente en lide con aquelas escuras forzas que nos dominan. En calquera caso, un proceso creativo o da vida que a arte tantas veces se empeña en escudriñar a través da súa realización. Unha realización que é xa unha achega de futuro porque esa toma de conciencia que a intuición do ou da artista nos depa...