Ir al contenido principal

CRITICA ARTISTICA: EVA VEIGA NOS FALA DA EXPOSICIÓN DE SOLEDAD PENALTA NA REDEMUSEÍSTICA

O SEO DAS PALABRAS:

A ESCULTURA DE SOLEDAD PENALTA

Desa profunda alianza que Soledad Penalta mantén coa natureza, érguese o metal como un fito ao pé do camino. Un camiñar que non é só o da propia autora, senón tamén aquel que nos remite a toda a humanidade e aínda ao cosmos porque, ao noso entender, a obra desta escultora reflexiona, coma quen se detén na encrucillada do noso tempo, sobre esa complexa viaxe que é a evolución. Unha evolución que no que atinxe ao ser humano non é nin moito menos progresiva en todos os aspectos, malia o avance imparable da tecnoloxía. En soidade ou a moreas, desexantes ou en desconcerto, bogamos en dura loita contra os nosos propios límites e igualmente en lide con aquelas escuras forzas que nos dominan. En calquera caso, un proceso creativo o da vida que a arte tantas veces se empeña en escudriñar a través da súa realización. Unha realización que é xa unha achega de futuro porque esa toma de conciencia que a intuición do ou da artista nos depara é xa unha inédita ollada sobre o mundo, unha novidade que nos descobre outras formas de percibir, de sentir ou de pensar. Tal así nos parece a obra escultórica de Soledad Penalta, unha noiesa internacional que estes días expón as súas pezas únicas e singulares no xardín do Museo Provincial de Lugo. Pezas de certo sorprendentes, non só polo dominio técnico dos materiais que logra para o ferro e o aceiro a lixeireza do papel ou a flexibilidade dunha ponla ao vento, senón pola potencialidade significativa dunhas formas que igualmente ofrecen a súa resistencia a seren vistas sen máis. As esculturas de Soledad queren ser miradas dende os nosos pregues máis íntimose escoitadas, se cadra, dende un meditativo baleiro, ao tempo que apelan á construcción dunha conciencia individual e colectiva máis audaz e solidaria. De igual modo, semellan convidarnos a un diálogo de silencios, a un debate agudo e gozoso entre a rixidez das ideas e a órganica sinuosidade dos afectos, en definitiva, a unha anovada esperanza en nós mesmos. Porque ante as obras de Soledad Penalta axiña nos dacatamos que para esta artista, de dilatada e recoñecida traxectoria profesional, a creación é un acto de amor capaz de mergullarse nos abismos da alma para emerxer coa tenaz paixón de quen superou unha vez máis as probas da súa persoal odisea e así, guiada polo seu talento artístico, ofrecernos unha experiencia universal. Unha experiencia que nos chega, asemade, prendida do lume das palabras. Pois ela, esta muller que da dureza do metal fai seo e abeiro, é asemade a man prometeica que trae á escultura contemporánea da que é un referente incuestionable un novo xénero: a esculto-escritura ou esculto-poema, se seguimos a terminoloxía desas outras invencións como a esculto-pintura ou esculto- arquitectura. En efecto, Soledad perfora coa súa propia caligrafía e ao plasma o tecido todo da súa obra, coma quen busca no resplandor do asombro a cegueira que trae a luz, coma quen se empeña en deixar constancia do aquí e agora, coma quen ao fin concede á materia enmudecida o seu soño primixenio de falar. Falar do que importa. Falar do que nos pasa. Falar para facer visible o que antes non estaba á vista. Mais, a visión que nos ofrece a verdadeira arte non é estritamente un desvelamento, senón un tocar ou sentir no corpo enteiro a vibración do misterio. É por iso que, en ameno paseo, do outro lado da Praza da Soedade, neste Lugo estival, celebramos as verbas que nos saen ao paso: tus manos nuestra luz en ella los ángeles...
Eva Veiga  

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati