Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

Presentación Obradoiros Rede Museística

Lugo Referente en accedibilidade

Inaugurada a mostra Imaxes de outono da Ribeira Sacra

Hoxe xoves, día 27, ás 19:00 horas, terá lugar no Pazo de Tor a inauguración da exposición IMAXES DE OUTONO DA RIBEIRA SACRA, de Suso Talento (seudónimo de Jesús Fernández López, natural do Saviñao). No acto de inauguración desta mostra pictórica estiveron presentes Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, e o propio artista.

MUSEO DO MAR LUGO

No Museo Provincial do Mar nutrímonos do patrimonio cultural material e inmaterial de toda A Mariña Lucense e, especialmente, do de San Cibrao. Este acervo reflicte os costumes da nosa comunidade. Identifícanos e ponnos en relación con outras prácticas e expresións. É a raíz da diversidade cultural.O noso arquivo fotográfico é parte dese patrimonio. Grazas a estes bens documentais podemos comprobar como era hai tempo o pobo de San Cibrao, comparalo coa realidade actual, e lograr que o patrimonio vivo non se perda. (Noelia Gómez)

ENCARNA LAGO PARTICIPA EN #Culturayciudadania

Organizado pola Dirección General de Política e Industrias Culturales y del Libro del Ministerio de Cultura, a Rede Museística da Deputación de Lugo, a través da súa xerente Encarna Lago, participa no II Encuentro, Cultura, Territorio y Ciudadanía que ten lugar no Colegio de Arquitectos de Madrid (COAM) os días 13 e 14 de outubro, logo de ser seleccionada a súa proposta entre as 30 escollidas para o evento.A Rede Museística, moi satisfeita con esta selección,  presenta dentro da sección proxectos e experiencias, o día 14, ás 17:00 h., na sala 1, “Confluencias y conexiones. Rede Museística Provincial de Lugo”.Nesta segunda edición, o Encontro céntrase na complexa realidade do territorio, abarcando non só a esfera do local, senón tamén os espazos de encontró e relación que transcenden este espazo.

Museos públicos e gratuítos para a democratización cultural e social.

Na Rede Museística Provincial de Lugo estamos de aniversario. Dez anos traballando con vocación de servizo público, comprometidos coa comunidade, favorecendo o coñecemento colectivo, fortalecendo a identidade e os valores propios da nosa contorna. Este décimo aniversario vén acompañado de cifras récord de visitantes nos museos da Rede. Só no mes de agosto, no Museo Provincial do Mar recibimos a 4124 visitantes, o que supón un aumento significativo en relación ao mesmo mes de 2015 no que contabilizamos 3817. Por este motivo queremos agradecer a todos aqueles que nos escollen para compartir momentos de lecer e coñecemento. Nos últimos días foron grupos de León, Ferrolterra, A Coruña, Madrid e as Asociacións de Amas de Casa de A Mariña no seu día de encontro anual. Esperamos seguir traballando por moitos anos con esta orientación, e deste xeito continuar defendendo o papel crucial que teñen os museos públicos e gratuítos para a democratización cultural e social.

Encarna Lago Xerente da Rede Museística participa en #mulleresimparables no Museo de Pontevedra

NA REDE MUSEÍSTICA APOIAMOS E TI? AIQUI TEDES INFO DE FEAFES GALICIA #eunonteñoprexuizos DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Día Mundial da Saúde Mental 2016, baixo o lema “Eu non teño prexuízos”. Consta de varias accións, das cales a principal é o lanzamento dun vídeo (con dúas versións) no que participan coñecidos actores e xornalistas galegos, que podedes ver neste enlace. Ademais, contamos cunha web informativa que serve de apoio á campaña: eunontenoprexuízos.org. Nela, entre outras cousas, hai uncartel descargable co lema da campaña co que queremos animar a todo o mundo a que se faga fotos e as suba ás redes sociais, etiquetando a FEAFES Galicia ou poñendo o hagstag #eunonteñoprexuízos. Veredes que xa temos as fotos de diferentes persoas ahi colgadas, así que animámosvos a facervos as vosas fotos e mandárnolas! Por outra banda, a campaña inclúe a edición dunha guía titulada “Desmontando prexuízos sobre a saúde mental” que estivemos a preparar estes meses. Ademais da versión en PDF, que podedes consultar aquí. Esta guía está subida tanto á web da campaña como á de FEAFES Galicia. Agradecemos enormemente q…

REDE MUSEÍSTICA DE LUGO : UN EQUIPO DE PERSOAS ENTREGADAS , UNHOS MUSEOS, UNHA COMUNIDADE , UNHA PROVINCIA

Décimo aniversario da Rede Museística: 10 anos en-re-da-dx



s
Dez anos en-re-da-dos. A Rede Museística da Deputación de Lugo creouse en setembro de 2006 para optimizar a xestión dos catro museos que a integran: Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol), Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos). E celebrámolo así: (Ver vídeo) 10 anos da creación da Rede Museística Provincial Precedentes No ano 1932, a Deputación de Lugo crea o Museo Provincial de Lugo (inaugurado en 1934) institución que, co paso do tempo, se converte nun dos museos máis importantes de España entre os provinciais. En 1969, a Deputación de Lugo acorda a creación do Museo do Mar de San Cibrao, o máis antigo no seu xénero de Galicia. Posteriormente, no 1984 nace o Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) nunha fortaleza rehabilitada do século XVI. Por último, no ano 2006, abre as súas portas o Museo do Pazo de Tor (Monforte de Lemos), grazas a unha doazón d…