No Museo Provincial do Mar nutrímonos do patrimonio cultural material e inmaterial de toda A Mariña Lucense e, especialmente, do de San Cibrao. Este acervo reflicte os costumes da nosa comunidade. Identifícanos e ponnos en relación con outras prácticas e expresións. É a raíz da diversidade cultural.
O noso arquivo fotográfico é parte dese patrimonio. Grazas a estes bens documentais podemos comprobar como era hai tempo o pobo de San Cibrao, comparalo coa realidade actual, e lograr que o patrimonio vivo non se perda. (Noelia Gómez)
Comentarios
Publicar un comentario