Free counter and web stats

viernes, 7 de octubre de 2016

Museos públicos e gratuítos para a democratización cultural e social.

E
Na Rede Museística Provincial de Lugo estamos de aniversario. Dez anos traballando con vocación de servizo público, comprometidos coa comunidade, favorecendo o coñecemento colectivo, fortalecendo a identidade e os valores propios da nosa contorna.
Este décimo aniversario vén acompañado de cifras récord de visitantes nos museos da Rede. Só no mes de agosto, no Museo Provincial do Mar recibimos a 4124 visitantes, o que supón un aumento significativo en relación ao mesmo mes de 2015 no que contabilizamos 3817.
Por este motivo queremos agradecer a todos aqueles que nos escollen para compartir momentos de lecer e coñecemento. Nos últimos días foron grupos de León, Ferrolterra, A Coruña, Madrid e as Asociacións de Amas de Casa de A Mariña no seu día de encontro anual.
Esperamos seguir traballando por moitos anos con esta orientación, e deste xeito continuar defendendo o papel crucial que teñen os museos públicos e gratuítos para a democratización cultural e social.