Organizado pola Dirección General de Política e Industrias Culturales y del Libro del Ministerio de Cultura, a Rede Museística da Deputación de Lugo, a través da súa xerente Encarna Lago, participa no II Encuentro, Cultura, Territorio y Ciudadanía que ten lugar no Colegio de Arquitectos de Madrid (COAM) os días 13 e 14 de outubro, logo de ser seleccionada a súa proposta entre as 30 escollidas para o evento.
A Rede Museística, moi satisfeita con esta selección, presenta dentro da sección proxectos e experiencias, o día 14, ás 17:00 h., na sala 1, “Confluencias y conexiones. Rede Museística Provincial de Lugo”.
Nesta segunda edición, o Encontro céntrase na complexa realidade do territorio, abarcando non só a esfera do local, senón tamén os espazos de encontró e relación que transcenden este espazo.
Comentarios
Publicar un comentario