‘Humor do país’ de Luis Davila (O Bichero) nos museos da Rede Museistica
Dentro da programación dos museos da Rede Museística (VER) para conmemorar o Día Internacional dos Museos 2017 contamos coa exposición ‘Humor do país’ de Luis Davila quen, ademais, participará nas presentacións desenvolvendo un obradoiro en cada un dos museos. Tanto as exposicións como os obradoiros correspondente atenden á temática específica dos contidos e da contorna de cada museo da Rede.
MUSEO PAZO DE TOR
»Presentación da exposición/obradoiro “Humor do país” (Luis Davila) e visita guiada ao Museo Pazo de Tor
Data: sábado, 13 de maio
Aproveitando a circunstancia de que Luis Davila, O Bichero, vai estar no Pazo de Tor convidámoste a unha visita guiada ao Pazo e a asistir á presentación/obradoiro da súa exposición que terá lugar ás 12:30 h.
Dispoñemos dun autobús de 50 prazas, totalmente gratuíto, que sairá de Lugo (Praza de Sto. Domingo) ás 9:00 h. e regresará unha vez rematado o acto, chegando a Lugo aproximadamente ás 15:00 h.
É imprescindible que te anotes no departamento de Didáctica do MPLugo, ou chamando aos tfnos.: 982 24 23 00 e 982 24 21 12.
Nota: Os menores de idade teñen que ir acompañados dun adulto.
(A exposición vai permanecer aberta ao público ata o 31 de xullo)
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
»Presentación exposición/obradoiro: “Humor do país”, por Luis Davila
Data: 18 de maio
Horario: de 19:00 a 20:00: h.
»Inauguración da exposición: “Humor do país”, de Luis Davila
Data: 18 de maio, 20:00: h.
A exposición vai permanecer aberta ao público ata o 31 de xullo.
MUSEO PROVINCIAL DO MAR
»Presentación exposición/obradoiro: “Humor do país”, por Luis Davila
Data: 19 de maio
Horario: de 18:00 a 19:00: h.
A exposición vai permanecer aberta ao público ata o 31 de xullo.
MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
»Presentación exposición/obradoiro: “Humor do país”, por Luis Davila
Data: 27 de maio
Horario: de 12:00 a 13:00: h.
A exposición vai permanecer aberta ao público ata o 31 de xullo.
Luis Davila
Luis Davila Malvido (Bueu –1972). Nace cun rotulador na man e crece debuxando, máis tarde dáse conta de que podía chegar a vivir diso. Cursa estudos de Deseño Gráfico e Ilustración na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso da Coruña.
Traballou en diferentes axencias de publicidade e en 1997 entra a formar parte da sección de deseño do xornal Faro de Vigo. Dende 2013 empeza a traballar como freelance.
Realiza ilustracións para R, Estrella Galicia, Consocio Zona Franca, Agaca, CIGA, Nós candidatura Galega, Colexio de Farmacéuticos de Galicia, TVG, Nikis Galicia Style … etc. Dende o ano 1998 publica en Faro de Vigo unha viñeta de humor diaria chamada “O Bichero”
Ten publicados seis libros recompilatorios. Dende 2014 participa xunto a Carlos Blanco no espectáculo “Menú do Día”. Na súa faceta como pintor, xa ten realizado máis dunha vintena de exposicións e no ano 2006 recibe o primeiro premio da bienal “Arte no Morrazo”
Webs:
www.luisdavila.net / Facebook: Luis Davila e Luis Davila O Bichero / Luisdavila.artelista.com