Ir al contenido principal

ENCARNA LAGO XERENTE DA REDE MUSEÍSTICA PARTICIPARÁ EN SETEMBRO NO SEMINARIO MUSEOS ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA NO MUSEO DO POBO GALEGO


Seminario MUSEOS, ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA
Santiago de Compostela, 28, 29 e 30 setembro 2017
1
O Museo do Pobo Galego, ao cumprirse o 40º aniversario da súa apertura ao público, convoca á celebración, no mes de setembro de 2017, dun Seminario dedicado ao tema dos museos etnográficos e antropolóxicos e a súa situación actual en Galicia.
Obxectivos
▪ Reflexionar sobre o patrimonio de interese etnoantropolóxico en xeral e especialmente en relación ao ámbito galego.
▪ Analizar as relacións e as percepcións da sociedade común e das administracións en relación ó patrimonio etnoantropolóxico.
▪ Establecer un moi necesario debate sobre os chamados ‘patrimonio material’ e ‘patrimonio inmaterial’, e súa correlación coas normais legais e administrativas (en particular a nova Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural) e, sobre todo, coa verdadeira realidade patrimonial.
▪ Analizar os problemas e perspectivas actuais dos museos, coleccións, ecomuseos, recoñecidos ou non oficialmente, incluíndo parques temáticos, centros de interpretación, aulas didácticas..., de tema etnográfico e/ou antropolóxico en Galicia.
▪ Abrir o Museo do Pobo Galego a estas entidades, colectivos e persoas, darlles voz e atraelos a participar e ter relación continuada co MPG, para facer efectivo (e así mesmo reflexionar sobre el) o papel deste como centro sintetizador, recoñecido así legalmente, deste tipo de centros temáticos.
Datas e sistema de desenvolvemento do Seminario
As datas previstas de celebración son os días 28, 29 e 30 de setembro de 2017, en xornadas de xoves e venres as sesións teóricas –2 relatorios e 2 mesas por día-, e o sábado para unha sesión práctica itinerante.
O Seminario desenvolverase en forma de cinco relatorios e outras tantas mesas redondas abertas ós diferentes temas antes apuntados como obxectivos, dando pé loxicamente a outros que xurdiran sobre a marcha da reunión. Preténdese que o Seminario adopte así un perfil máis fluído e eficaz mediante os necesarios coloquios e debates activos.
As sesións serán públicas e abertas.
Colabora:
San Domingos de Bonaval
15703 Santiago de Compostela
T (+34) 981 583 620
F (+34) 981 554 840
seminariomuseos2017@museodopobo.gal
Seminario MUSEOS, ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA
Santiago de Compostela, 28, 29 e 30 setembro 2017
2
PROGRAMA PROVISIONAL
Xoves 28 setembro Auditorio do Museo do Pobo Galego
10.00 INAGURACIÓN OFICIAL
PRIMEIRO RELATORIO
10.30 Xavier Roigé (Universidade de Barcelona): Novas concepcións dun museo etnográfico.
11.30 Coloquio
12.00 Descanso
12.30 Mesa de debate
- Moderador: Manuel Vilar Álvarez
- Integrantes da mesa: César Llana Rodríguez (Museo Etnolóxico de Ribadavia)
Elena Freire Paz (Asociación Galega de Antropoloxía)
Lino Lema Bouzas (MPG)
Representante institucional
SEGUNDO RELATORIO
16.30 Iñaki Arrieta (Universidade do País Vasco): Museística local e comarcal.
17.30 Coloquio.
18.15 Descanso.
18.30 Mesa de debate
- Moderador: Felipe Arias Vilas
- Integrantes da mesa: Secundino García Mera (Museo da Capela – As Neves)
Xosé Manuel Broz Rei (Museo da Terra de Melide)
Xoán Xosé Molina Vázquez (Museo Comarcal da Fonsagrada)
Representante do Museo de Vilar de Santos
Venres 29 de setembro Auditorio do Museo do Pobo Galego
TERCEIRO RELATORIO
10.00 Esther Fernández de Paz (Universidade de Sevilla): As identidades de xénero, clase e etnia na museística etnográfica.
11.00 Coloquio
11.30 Descanso
Colabora:
San Domingos de Bonaval
15703 Santiago de Compostela
T (+34) 981 583 620
F (+34) 981 554 840
seminariomuseos2017@museodopobo.gal
Seminario MUSEOS, ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA
Santiago de Compostela, 28, 29 e 30 setembro 2017
3
12.00 Mesa de debate
- Moderador: Xosé Carlos Sierra Rodríguez
- Integrantes da mesa: Fátima Braña Rei (antropóloga)
Representante do Museo do Pobo Galego
Marián Mariño (Antropóloga)
Encarna Lago González (Rede Museística provincial de Lugo)
CUARTO RELATORIO
16.30 Teresa Soeiro (Universidade do Porto): Portugal e a súa tradición etnomuseolóxica.
17.30 Coloquio.
18.00 Descanso.
18.30 Mesa de debate
- Moderador: pendente de confirmación
- Integrantes da mesa: David de Teixeira (Ecomuseu do Barroso – Montalegre)
Deolinda Veloso Carneiro (Museu da Póvoa de Varzim)
Francisco Calo Lourido (historiador e etnólogo)
Representante da Asociación Ponte... nas Ondas
Sábado 30 de setembro Museo Fundación Liste, Vigo
QUINTO RELATORIO
10.15 Roser Calaf (Universidade de Oviedo): Experiencias didácticas nos museos etnográficos.
11.15 Mesa de debate
- Moderadora: pendente de confirmación
- Integrantes da mesa: José Antonio Quiroga Díaz (Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, O Saviñao)
Representante da Palloza-Museo de Piornedo de Ancares
Covadonga López de Prado (Museo Massó de Bueu)
Victoria Vázquez López, que introducirá a visita comentada ao Museo da Fundación “Olimpio Liste”
13.45 Homenaxe póstuma a Olimpio Liste Regueiro e clausura do Seminario.
NOTAS:
As persoas interesadas en obteren certificado de asistencia deberán inscribirse mediante correo electrónico a seminariomuseos2017@museodopobo.gal
Poñerase un autobús desde Santiago para facilitar a asistencia á sesión a celebrar en Vigo o sábado día 30, sendo precisa a inscrición ao comezo do Seminario.
Información: Secretaría do Seminario seminariomuseos2017@museodopobo.gal

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati