edemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=154&id=3045http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=154&id=3045
María Xosé Domínguez: Pegadas dun compromiso, agora no Museo Pazo de Tor
Esta instalación, que formou parte de EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, 12 proxectos que se expuxeron nos catro museos da Rede Museística e na sala de exposicións do Pazo de San Marcos desde o 1 de febreiro ata o 1 de abril de 2018, chega agora ao Pazo de Tor. Inauguración: venres, 18 de maio (Día Internacional dos Museos) ás 12:00h.
A obra de María Xosé Domínguez ‘Pegadas dun compromiso, 2018’, que amosa fotografías pertencentes ao arquivo familiar da artista, agáchase unha crítica social, que cuestiona o que realmente implica o casamento, abordado desde unha perspectiva feminista, que nos convida a cuestionarnos quen somos. Para esta mostra no pazo de Tor incorporase a fotografía da última dona do Pazo, dona María de la Paz Taboada de Andrés e Zúñiga.
Horario de visitas ao Museo Pazo de Tor