EXPOSICIÓN: Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística Inauguración: Mércores, 19 de novembro de 2014, ás 20:00 horas EXPOSICIÓN: Entre o sono e os soños “Soñar para crear na Rede Museística” Sala de Expoisicións do MPLugo
EXPOSICIÓN: Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
01.-O descanso dende a Idade Media ata os nosos días (Mª del Rosario Fernández González)
02.-Os colchóns
03.-Os soños nas obras do Museo Provincial de Lugo (María Quiroga Figueroa)
04.-O soño na mitoloxía clásica (Mª Ofelia Carnero Vázquez)
05.-Surrealismo. Achegamento á obra de Saturno Lois (Lugo, 1904 - 1985) (Lucila Yáñez)
06.-Bibliografía dos soños (Mercedes Salvador Castañer)
07.-O descanso na Prehistoria e na Idade Media (Enrique Alcorta)
08.-Restauración camas de San Paio de Narla
Inauguración: Mércores, 19 de novembro de 2014, ás 20:00 horas
EXPOSICIÓN: Entre o sono e os soños “Soñar para crear na Rede Museística”
Sala de Expoisicións do MPLugo
_____Horario de visitas
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
ENTRE O SONO E OS SOÑOS “Soñar para crear na Rede Museística”

_____A multidisciplinariedade da Rede Museística da Deputación de Lugo, integrada polo Museo Provincial de Lugo, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, o Museo do Mar en San Cibrao e o Pazo de Tor en Monforte de Lemos, que constitúe un dos seus principais alicientes e fortalezas, xunto co equipo humano que traballa arreo en prol desta institución forman unha dualidade complementaria que se converte no seu principal activo contribuíndo ao fomento dunha reinvención constante, dinámica e actual que vai máis alá das funcións que lles son propias a un museo.
A variedade de fondos museográficos da Rede Museística, lonxe de converterse nundesvantaxe no seu discurso expositivo, axudaa ampliarlles o abano de oferta expositiva aosnosos usuarios e usuarias, converténdose nuncentro de referencia non só a nivel provincial.
Integrando estas dúas singularidades devanditas,quixemos elaborar un proxecto onde se amosaraque tirando dun fío condutor, neste caso unconcepto tan polivalente coma o sono e os soños, podía achegarse, dende distintas especialidades ou disciplinas, un proxecto complexo, variado, didáctico e científico que puidese atraer a todo tipo de público dun xeito ameno e estéticamente atractivo xuntando a todo o persoal da Rede Museística que, deste xeito fai súa a máxima de “un museo entre todos e para todos.”
Dende unha pluralidade de perspectivas e utilizando unha linguaxe de cooperación en prol dun obxectivo común, xorde un doce soño: utilizar un concepto para artellar unha viaxe histórica diacrónica e actualizada polos fondos museográficos da Rede Museística Provincial.
Logo de facer unha listaxe de pezas, todas pertencentes aos nosos fondos tanto expostos como en reserva, asociadas ao mundo dos soños dende a antigüidade ata hoxe e observar que a tipoloxía de obxectos e obras asociados a esta temática é moi variada, seleccionamos os máis acaídos para o desenvolvemento do discurso expositivo. Coas ideas e iniciativas propostas comezou este ambicioso proxecto colectivo no que todos e todas traballamos a través de distintas achegas e liñas de investigación.
Primeiro contemplamos dúas grandes áreas para visualizar nas dúas partes físicas que nos dá o propio espazo da Sala de Exposicións temporais do museo:
1. Sono. Escenografías e obxectos relacionados co descanso: camas, roupa, artes decorativas e obras vinculadas a estes motivos, xunto cunha contextualización sobre a historia do descanso dende a prehistoria ata hoxe.
2. Soños. Significados e interpretación dos soños. Soñar para crear a través da literatura, a arte, especialmente o onírico en movementos como o surrealismo e o simbolismo, a mitoloxía ou o “soño eterno” como metáfora da morte.
Pero non remata aí o proxecto expositivo, posto que tamén se pretenden vincular os temas e as pezas escollidas para continuar o discurso noutras obras, sinaladas para a ocasión, do Museo Provincial de Lugo e nos outros tres museos da Rede: San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo do Mar.
Outra das liñas baralladas para plasmar este proxecto tamén xogaba coas funcións dos museos para visibilizar os traballos de conservación, investigación, didáctica, exhibición e difusión que realizamos, a cotío, nos departamentos correspondentes, pero que non teñen tanta divulgación. Aquí e agora os/as visitantes poden comprobar como se interrelacionan todas elas cunha finalidade común: poñer os museos da Rede ao servizo da sociedade.
Finalmente, pretendemos, dende a transversalidade dun tema tan concreto e simbólico como o sono/soño, suscitar o interese polos fondos museográficos da Rede Museística da Deputación de Lugo, fomentar a súa investigación e difusión para, en definitiva, continuar na mesma liña de protexer, conservar, coñecer e divulgar o noso patrimonio cultural.