O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” Lugo-Arxentina REDEMUSEÍSTICA PLANTALLE CARA AO MALTRATO
O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero
No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” levado a cabo pola Rede Museística da Deputación de Lugo, este venres, 21 de novembro de 2014, ás 12:00 h., terá lugar no MPLugo un evento interactivo entre Arxentina e Lugo.
Neste encontro, mulleres, nenas e nenos de Coronel Suárez (provincia de Bos Aires), e outras vilas veciñas, que están preparando a acción “O Voo das bolboretas” van interactuar online coa comunidade da Rede Museística de Lugo, para intercambiar experiencias no desenvolvemento desta acción contra a violencia de xénero. Participará xente que estivo construíndo bolboretas en Arxentina e en Lugo, e reflexionarase sobre a capacidade da arte para incidir na sociedade e na fortaleza e o ánimo das vítimas de violencia para saír do maltrato.

O Voo das Bolboretas é unha acción creada por Luz Darriba que se fará en Arxentina, intervindo con milleiros de bolboretas a cidade de Coronel Suárez, e terá a súa replica en Lugo (enchendo de bolboretas a Praza Maior; as bolboretas serán feitas por asociacións locais, participantes dos cursos do Museo Provincial, achegas de distinto tipo, etc), no marco do Programa da Rede Museística “Plántalle cara ao maltrato”