Ir al contenido principal

O Grupo de Filosofía Doxa na Redemuseística de Lugo

Grupo Doxa
O Grupo de Filosofía Doxa naceu a finais dos anos 80 e principios dos 90 na cidade de Lugo. Formado por un grupo de profesores de filosofía inquedos, críticos e reivindicativos, no 2009 volveu a tomar un impulso con novas aportacións e no 2012 organizou o seu primeiro foro na cidade luguesa, baixo o título ‘Volver pensar a democracia’. O ano pasado chegou a segunda edición, que tratou ‘O futuro do traballo’.

O grupo de filosofía Doxa convida a analizar esta semana a ética e o capitalismo no Museo Provincial de Lugo

  • O terceiro Foro Galego de Filosofía organizado por este colectivo ofrecerá tres relatorios entre o mércores, día 12, e o venres 14, a cargo de distintos profesores universitarios. A entrada será libre e as charlas darán comezo todos os días ás oito da tarde no refectorio do museo. 
  • “Un ano máis a área de Cultura da Deputación colabora co Grupo Doxa co fin de organizar un foro que nesta edición se dedica a estudar as temáticas da ética e o capitalismo”, sinalou Mario Outeiro.Lugo, 10 de novembro de 2014. O refectorio do Museo Provincial de Lugo acolleu esta mañá a presentación do terceiro Foro Galego de Filosofía organizado polo grupo Doxa, que este ano versará sobre a ética e o capitalismo, e que se celebrará entre o mércores e o venres desta semana no propio museo lugués. Na presentación destas xornadas participaron Carlo Sabariz e Juan Carlos Naveiro, coordinadores do Grupo Doxa; e o nacionalista Mario Outeiro, responsable da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que colabora co Grupo Doxa na realización deste foro. “Un ano máis apoiamos ao Grupo Doxa co fin de organizar este foro de filosofía, no que nesta edición as temáticas da ética e o capitalismo lle tomarán a remuda á democracia e ao traballo, termos cos que se traballou en edicións pasadas”, apuntou o responsable de Cultura do organismo provincial.
Este terceiro foro, sobre ‘Ética e capitalismo’, divídese en tres conferencias, impartidas por distintos profesores universitarios. Entre o mércores e o venres desta semana haberá unha por día. Todas elas darán comezo ás oito da tarde no refectorio do Museo Provincial e o acceso ás mesmas será libre e gratuíto. Desde o Grupo Filosofía Doxa avanzaron que as charlas terán unha duración aproximada de tres cuartos de hora e posteriormente establecerase unha debate entre o relator e o público, “xa que por iso quixemos que se tratara dun foro”, sinalou Carlo Sabariz.

O mércores, día 12, a catedrática de Antropoloxía na UNED Paz Moreno Feliu falará sobre o choque moral que supón nos pobos a entrada do capitalismo global. Baixo o título ‘Capital, monstros e economía moral’ exemplificará este cambio con diversos pobos africanos e andinos que pasaron por este proceso nas últimas décadas, “simbolizando en figuras monstruosas –zombis, vampiros, novos bruxos- o desamparo que lles causa a ruptura da economía moral e a súa substitución polas incertezas que acompañan ao capitalismo global, unha situación comparable co ocorrido en Europa durante o primeiro capitalismo industrial, cando a desigualdade entre unha elite de novos ricos e a exclusión das masas de pobres canalizou os temores e a crítica da inxustiza noutros monstros literarios ou lendarios como Frankestein ou o sacauntos”, explica a autora nunha recensión sobre o seu relatorio.

O xoves, día 13, será a quenda para o profesor de Socioloxía na Universidad Complutense de Madrid César Rendueles, que dará a súa opinión sobre o rol que están desempeñando as tecnoloxías da comunicación na globalización neoliberal, que consistiu nun retorno á normalidade do capitalismo que os estados do benestar trataran de embridar trala Segunda Guerra Mundial. Co seu relatorio ‘Utopía dixital e cambio político’, ofrecerá unha imaxe, se cadra, non tan positiva como estamos acostumados a ver sobre as devanditas redes sociais.

Finalmente, o venres, día 14, pechará este terceiro foro de filosofía o catedrático de Economía da Universidade de Vigo Xosé Luís Outes. El falará sobre ‘Os límites á prosperidade no capitalismo. Unha relación dialéctica: ficción e realidade’, e presentará as alternativas posibles e necesarias a nivel institucional e económico para combater o capitalismo do século XXI, un sistema oligárquico, baixo o seu punto de vista, que fará ou xa fixo retornar as desigualdades existentes no século XIX.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati