Ir al contenido principal

A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 3.0

O próximo día 2 de agosto, a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a través da Rede Museística, porá en marcha en tres dos seus museos: no Museo do Mar de San Cibrao,Museo Pazo de Tor e Museo de San Paio de Narla a terceira fase do proxecto “O arte de ser muller nun mundo por compartir. 3.0”. Nel participan un conxunto de mulleres artistas apoiadas polo equipo de traballo da Rede Museística; co obxectivo de facer máis visible as mulleres dentro do mundo da arte e aportar un grauiño máis a prol da igualdade de xéneros e do cumplimento da lexislación vixente ao respecto.

Esta fase do proxecto, logo das realizadas en Santiago de Compostela sendo a xenese de todo as reunións e actividades previas no Museo Pazo de Tor, vai ter unha duración de 27 semanas, cunha exposición colectiva no espazo ainda que non no tempo e rotatoria xestionada e organizada en base ao axioma do “custe 0” e o traballo traballo en rede. As primeiras artistas participantes van ser Sabela Arias, a súa obra queda definida en palabras da poetisa Gabriela Rodríguez: "A cunca do almorzo, o xampú e o espello do baño, os andeis cos libros, os pinceis, os tellados… Sabela Arias dá unha definición da propia vida, que non é máis que unha sucesión de pequenos xestos diarios, de obxectos insignificantes en aparencia, pero que, ao cabo, son os que realmente contan a nosa historia. Iso é Paisaxe Cotiá" e Montse Rego na que a súa obra titulada “La Grieta” podémola resumir decindo: “Somos gente de mar. El mar nos creó… …La Grieta es esa roca de ahí (…) y es lo más importante de neuestras vidas. Siempre a sido así. Somos la Grieta, la Grieta es nosotras. … Es un corte limpio que atraviesa la roca y en lo más hondo del cual se abre un agujero profundo un abismo. …Miraos. Y miradme. Vamos, mirad. No llevo puesto el cinturón de flores rojas, así que podéis ver cómo soy. Ahora mirad la Grieta, somos iguales: La Grieta y las Grietas. La Grieta, Doris Lessing”

A inauguración deste proxecto levarase a cabo no Museo Fortaleza San Paio de Narla o día 2 de agosto ás 5 da tarde, hora do café co así reflexa a obra de Sabela Arias.

Co proxecto “A arte de ser Muller nun mundo por compartir 2.0” dende a Rede Museística pretendemos dar visibilidade ás mulleres dentro do mundo da arte. Así mesmo queremos axudar ao cumprimento dos criterios de igualdade establecidos na legalidade vixente.

Este é un proxecto de custe 0 co que mostramos que se pode facer xestión cultural de calidade aforrando cartos que pertencen a todos os cidadáns e á vez traballar e axudar a aqueles colectivos que o precisan.

As artistas participantes nesta segunda fase do proxecto expositivo terceira fase do proxecto organizativo son: Sabela Arias,Julia Ares, Blanca Besteiro, Mercedes Cabada, Paula Cabaleiro, Montse Cea, Ana Costas, Yolanda Dorda, Cristina Fernández, Dolores Guerrero, Carmen Llonín, Rebeca López, Estefanía Novo, Ruth Núñez, Renata Otero, Elena Pendás, Xedes Peón, María Jesús Pérez, Laura Pernás, Noa Persán, Marta Prieto, Silvia Rodríguez, Montse Rego, Paula Salinas, María José Santiso, Magdalena Seixas, María José Vila.

O oito de marzo serviu para visibilizar as loitas e demandas que significaron avances na vida de millóns de mulleres creando novas formas de pensamento. Dende a Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, decidimos dende fai tres anos organizar unha programación con distintas experiencias, compartindo sempre un obxectivo en común: o desexo de superar a violencia e a pobreza para construír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade. Seguindo a programación estratéxica dun "Museo para todos entre todos" da Rede Museística e o sinalado na Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Nela establecese no se artigo 26.2 que os distintos organismo entes e demais estruturas das administracións públicas que de modo directo ou indirecto , configuren a rede pública de xestion cultural debemos desenvolver inciativas destinadas a favorecer a promoción específica das mulleres na cultura e a combatir a súa discriminación estrutural . Asi mesmo , a levar a cabo políticas activas de axuda á creación e produción artística de autoria feminina.

Os criterios que rexen este proxecto son os seguintes:

  • Cada proxecto expositivo levase a cabo nos tres museos da Rede; San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor simultaneamente no tempo.

  • O cuarto do Señor e da Sra en San Paio, o cuarto de convidados en Tor (empregado por Uxío Novoneyra nas súas visitas) e a sala de exposicións do Museo Provincial do Mar van ser os espazos a empregar.
  • A duración será de unha semana en cada un dos espazos postos a disposición das artistas; rotando entre os tres museos.

  • Comezará o día 1 de Agosto e as mostras realizaranse por orde alfabética.

O equipo de traballo esta composto por:

Cordinación e Comisariado: Encarnación Lago González.

Asesoramento Técnico: Mercedes Salvador Castañer, Blanca Pacín Somoza, Juan Ignacio Márquez Barros, Brais García Fernández.

Museo Pazo de Tor: Manuel González Pérez, María González Rivada, Ángeles Rivada González y Pilar López Pardo

Museo Provincial do Mar en San Cibrao: Amelia Pernas García, Angeles Cabarcos.

Museo de San Paio: Francisca Abuín Villar, Ana María Ferro Fernández Jesús González.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati