Presentado o programa do ‘VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo’
A deputada delegada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo que tratará o tema ‘Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros'. Este congreso vaise desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial, consonte ao programa que se adxunta, os días 9, 10 e 11 de maio de 2019. O prazo para realizar as inscricións para asistir abrirase o 1 de abril.
VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo: Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros
Lugo, 9, 10 e 11 de maio de 2019
Sede: Museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.
PRESENTACIÓN
O VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, partindo do recollido polo MDPP (Comité Permanente sobre a Definición de Museo, perspectivas e posibilidades) do ICOM en decembro de 2018, centra a súa temática na “redefinición actual de museo”.
Este VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo proponse como o foro idóneo no que iniciar o proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo aportando innovación e implementando a perspectiva de xéneros. A finalidade do mesmo é propor ao MDPP unha ferramenta de traballo válida, transparente, igualitaria de recomendacións efectivas para facer da definición e dos museos reais espazos de igualdade, colaboración e compromiso coa sociedade.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
O VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación está dirixido a persoas que, xa desde o exercicio profesional, da investigación ou a formación, xa por interese e participación social se sintan atraídas polas ciencias e disciplinas que conflúen na temática do congreso: museoloxía, museografía, deseño, xestión cultural e patrimonial, historia, arqueoloxía, restauración de bens culturais... e a todos aqueles grupos de investigación, empresas e institucións que desenvolven o seu labor no ámbito da musealización e/ou posta en valor do Patrimonio Cultural.
FORMATO NOVIDOSO E PARTICIPATIVO!
Con fin de proporcionar un verdadeiro foro de debate activo, o VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, cambia de formato.
Dúas conferencias inaugurais e un obradoiro deixarán paso a dúas xornadas de mesas de traballo paralelas e simultáneas que rematará todas elas nas Sesións Plenarias ou posta en común integradas pola totalidade da asistencia. O propósito das mesas de traballo é promover o diálogo entre as participantes de xeito guiado, coherente e crítico de cara analizar os temas específicos encomendados a cada unha.
O principal obxectivo é obter conclusións que se concreten en directrices, recomendacións sobre a temática tratada en cada unha das mesmas.
Cada mesa contará con guías cuxo papel será o de organizar e moderar a discusión en torno ás liñas de traballo e de relatar, na Sesión Plenaria, a información derivada da análise realizada polo grupo.
UNHA PROPOSTA, DOUS CONTINENTES
A proposta do VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación atravesa o Atlántico e continuará en América, procurando dispoñer dun Documento Final e Ferramenta de Traballo de cara á redefinición teórica e tamén práctica do “museo”.
PROGRAMA
O VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación inaugurarase o día 9 de maio pola mañá e clausurarase o 11 de maio as 14:00h.
»9 maio: Museo Provincial de Lugo
09:30-10:00h.-Entrega de credenciais e documentación.
10:00-10:30h.-Presentación V Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
10:30-12:00h.-Conferencia: Como construímos los discursos históricos: una reflexión sobre la prehistoria y las mujeres, por Margarita Sánchez, profesora titular de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Granada. Proxecto PASTWOMEN.
12:00-12:30h.-Pausa-Café.
12:30-14:00h.-Conferencia-Obradoiro: Museos sostibles, igualitarios e inclusivos: Cuestionarnos a subordinación das mulleres, das identidades masculinas non hexemónicas, grupos étnicos, LGTBI+, persoas con discapacidade. O que non se nomea non existe, por Encarna Lago xerente da RMP e docente na Universidade Complutense de Madrid no título propio de Especialista na aplicación da perspectiva de xénero nas Industrias Culturais e Leonardo Casado, museólogo da Asociación de Traballadores de Museos e do Observatorio de Museos Universitarios da Universidade Nacional de La Plata Arxentina, Becario de Organización Italo-Latinoamericana en Roma en Proyecto de Investigación sobre museología social en Italia. Foi bolseiro da RMPL no proxecto gañador de Ibermuseos.
14:00h.- Xantar.
De 16.00h a 17:30h.- Mesas workshop.
17:30h.-Pausa café.
De 18:00 a 19:00h.-Plenario.
20:00h.-Sala Multiusos. Inauguración da exposición de Viki Rivadulla.
»10 de maio: Museo Pazo de Tor
10:00h.-Visita ao Museo Pazo de Tor.
De 11.00h a 12:00h.- Mesas.
De 12:00h a 13:00h.-Mesas .
De 13:00 a 13:30h.-Plenario.
14:00h.- Xantar.
De 15.30h a 16:30h.- Mesas.
De 16:30h a 17:300h.-Mesas.
De 17:30 a 18:30h.-Plenario.
»11 de maio: Museo Fortaleza San Paio de Narla
10:30h.-Visita ao Museo Fortaleza San Paio de Narla
De 11:00 a 13:00h.- Mesa de conclusións para dar continuidade ao traballo a través de #ForosMAV e na MDPP do ICOM. Integrada por representantes de ICOM, MAV , Caixa de Pandora, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Universidades. Centro de Estudos de Historia da Cidade xunto ás persoas guías-moderadoras das mesas de traballo dos días 9 e10 de maio.
13:00h.-Clausura: Presentación #operacionmuseosMAV
Xunto ás persoas asistentes ao congreso, participarán nas 6 mesas de traballo:
- Persoal da Rede Museística Provincial de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e Museo Fortaleza de San Paio de Narla).
- Eduardo Valiña. Conservador Xefe Fundación Eugenio Granell,
- Manuel Mosquera Cobián. Departamento de Difusión do Museo de Belas Artes da Coruña.
- Representantes Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
- Covadonga López de Prado Nistal. Directora Museo Masó de Bueu.
- Rosa Lamas Casado. Bibliotecaria Museo de Ribadavia.
- Persoal Museo do Pobo Galego.
- Persoal Servizo de Museos Portugueses.
- Isabel Victor. Directora Museu de Sporting de Lisboa.
- Teresa Reyes. Vicepresidenta ICOM España
- Aida Rechena. MINOM Portugal
- Aitziber Urtasun. Responsable do Departamento de Educación Estética do Museo Oteiza. Artista e educadora.
- Rufino Ferreras. Jefe de Educación Museo Nacional Thyssen Bornemisza.
- Ana Moreno. Coordinadora General de Educación del Museo del Prado.
- Margarita Moreno. Conservadora Museo Arqueológico Nacional.
- Mercedes Mingote. Jefa Sección Museos da Consejería de Educación y Cultura do Principado de Asturias.
- Silvia Planas. Directora Museo D´Historia de Girona.
- Rede de Museos de Historia e Monumentos de Cataluña.
- Directora Museo de Cervera.
- Presidenta de la Xarxa de Museos D´Art.
- Marga Salas. Directora do Museo de Historia de Catalunha.
- Teresa Soldevila. Responsable Área Responsabilidad Social Museo Maritim de Barcelona.
- María Isabel Pérez Bernárdez. Directora Museo Arqueológico de Almería.
- Amelia Aguado. Directora del Museo de Arte Africano Arellano Alonso de Valladolid.
- Paula Cabaleiro.Directora MAC Florencio de la Fuente.
- Araceli Corbo. Responsable da Biblioteca-Centro Documentación MUSAC.
- Liliane Inés Cuesta Davignom. Conservadora Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias González Martí de Valencia.
- Begoña Soler. Conservadora Museo de Prehistoria de Valencia.
- Ana Goy. Centro de Estudio de Historia da Cidade
- Carola Casal. Rede de Estudios Medievais da USC
- Leonardo Casado. Red de Profesionales de Museos de Arxentina
- Marcos Lorenzo.Coordinador Curso Expertx Universitario en Xesiton Cultural (USC).
Mesas de traballo
Tema: Auto diagnose avaliándonos internamente no museo, fomentando participación e compromiso.
Obxectivos:
1.-Reflexionar, analizar e auto avaliar dende o marco lexislativo o cumprimento da Lei de igualdade interdepartamental e interdisciplinariamente nos museos.
2.-Analizar o concepto de xéneros coa intención de cuestionar as ideas preconcibidas e erróneas que sobre o mesmos puideran existir. (Manifesto Grupo de Traballo Museos e Xénero da Rede de Museos de Historia y Monumentos de Cataluña).
3.-Aproximarse ás coleccións dos museos desde unha perspectiva de xéneros e novas narracións. Cuestionarnos a visión masculina universal e neutra nos criterios museolóxicos e museográficos.
4.-Fomentar a reflexión e debate por parte do persoal dos distintos departamentos dos museos sobre o tema.
5.-Introducir a dobre dimensión temporal e cultural inherente sobre o concepto de diversidade de xéneros: actuacións.
6.-Temas transversais: Colaborar utilizando métodos dialóxicos estruturados no proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo e realizar propostas ao Consello Consultivo de ICOM en xuño de 2019 que se presentarán durante a XXV Conferencia Xeral de ICOM que se celebrará en Kioto en setembro de 2019.
7.-Reflexión e construción de ferramentas de auto diagnose no Museo; como aplicar a perspectiva de xéneros nos museos.
Sesións Plenarias
Dar cumprida conta do analizado interdisciplinariamente e interdepartamentalmente cruzando as funcións do museo e o binomio suxeito/obxecto as actuacións que se levan a cabo dentro do museo e nas que se deben aplicar as perspectivas de xéneros:
-Adquisicións
-Conservación/restauración
-Documentación/investigación
-Exposición.
-Educación/mediación
INSCRICIÓNS
Inscrición gratuíta.
Nº prazas: 50
Prazo de inscricións: Ábrese o 1 de abril de 2019.
Imprima o formulario, asíneo e entrégueo na recepción do MPLugo ou remítao escaneado por mail a info@museolugo.org
Para dúbida diríxase a xerencia@museolugo.org ou ao tfno 982 24 21 12
Pecharanse as inscricións cando se completen as prazas ofertadas por rigorosa orde de chegada.
Entregarase certificación asistencia.
COORDINACIÓN: Encarna Lago González
ORGANIZACIÓN: Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo
CONGRESO VIRTUAL
Ao remate da modalidade presencial este Congreso terá continuidade na modalidade virtual.