Free counter and web stats

domingo, 21 de febrero de 2010

DIA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2010 NO MUSEO PROVINCIAL DO MAR

E
O Museo do Mar celebrou nos últimos anos distintas efemérides propostas pola Unesco por algo será---- cun amplo programa de actividades entre outras ... Ano Darwin 2009, Ano do Diálogo Intercultural no 2008, Ano  Internacional de la Astronomía 2009, Ano Internacional do Achegamento entre culturas 2010.

Hoxe domingo  no Museo do Mar fixemos un Obradoiro de creación colectiva para nenos/as : Botella ó Mar un berro pola lingua-Transmisores da Lingua e dos Afectos para celebrar O Día Internacional da Lingua Materna 2010.
Utilizando as mensaxes depositadas durante o mes nas furnas de UN BERRO POLA LINGUA escollemos, reflexionamos, dialogamos sobre as distintas propostas para a celebración do Dia Internacional da Lingua Materna, creamos colectivamente poemas..
 ¿Imaxinas un poema construído con versos de autores diferentes, só condicionados por tratar da mesma temática? O obradoiro desenvolveuse en vivo e en directo para Radio Museística- Radio Infantil- xuvenil da Rede Museística  no Museo Provincial do Mar.
Agradecezco ós nenos que forman o Departamento de Prensa Infantil-Xuvenil  do Museo do Mar  que  hoxe domingo para cubrir a información  do Día se achegarán o Museo do Mar e axudarán no desenrolo do obradoiro .

Lucas, Juan , Sara, Raquel, Hugo, Carmen, Alba, Marta, logo de facer un serio traballo de investigación e documentación sobre o tema realizaron un novo  programa de Radio Museística -Museo do Mar.
Crearon tamén tres composicións poéticas colectivas  " Botella ó Mar.Un berro pola lingua- Transmisores da linguas e dos afectos". que teredes ocasión de disfrutar no canle de radio de ivox.


http://portal.unesco.org/culture/es/ev.php-URL_ID=40278&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
http://www15.gencat.net/pres_casa_llengues/mapes/index.html?idioma=9



Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.
Que son as linguas?_Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e  "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".
 1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto



Non quedes con dúbidas
Que é unha lingua materna?_Por lingua materna adoita entenderse aquela na que un suxeito adquire a linguaxe; é dicir, aquela na que aprende a falar. Normalmente, o que caracteriza a lingua materna é a súa adquisición espóntanea, fronte á aprendizaxe dunha segunda que normalmente se aprende dunha maneira máis formal. Actualmente, na terminoloxía da sociolingüística óptase con maior frecuencia polo termo lingua inicial (lingua primeira- L1), pois este é máis neutro e evita certos nesgos como o de presupoñer a transmisión por vía materna (nai). As linguas que se adquiren con posterioridade á lingua primeira coñécense habitualmente como segunda lingua (L2). 
Que determina a lingua materna?_O factor máis importante é a lingua que empregan os axentes de socialización do neno durante as etapas iniciais do seu desenvolvemento. Nas sociedades avanzadas, este papel compárteno a familia e outros axentes externos, como as escolas infantís e mesmo os medios de comunicación audiovisuais. 
Que importancia futura ten para as persoas a lingua materna?_A lingua inicial ten unha grande importancia para as persoas por múltiples cuestións, entre outras, na adquisición como lingua primeira danse naturalmente os supostos da aprendizaxe precoz e da motivación comunicativa, favorecedoras do logro da aprendizaxe.  
Que idade se establece para determinar a aprendizaxe da lingua materna?_A lingua primeira adquírese, por definición, durante as primeiras etapas do desenvolvemento do neno. En contextos onde existen linguas en contacto, é frecuente a adquisición de diferentes linguas como lingua primeira.