Ir al contenido principal

Museo Provincial do Mar Un museo para todXs entre todXs

Museo Provincial do Mar
Un museo para todXs entre todXs


O noso Museo do Mar lévanos da man polo ronsel das pegadas herdadas dos nosos devanceiros: os facedores de mundos.

O museo organízase nun vestíbulo e catro salas que conteñen sete seccións temáticas. O percorrido é accesible en cada sección.

Nas salas gozarán dunha ampla oferta de pezas orixinais, maquetas e láminas en relevo para tocar en cada unha das seccións. Tamén contamos con textos impresos adaptados: cartelas, follas de sala, e informacións complementarias en braille, macrocaracteres, folletos en distintas linguas e información traducida a pictogramas.

ENTRADA E SALA 1:

0. A ESCOLA: Un museo para todos entre todos. O LATEXO DO MUSEO: motores do barco e arquivo fotográfico.

SALA 2:
1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO.
2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUÍDOS EN SAN CIBRAO.
3. A ARTE DE MAREAR: MIRANDO AO NORTE. Os instrumentos náuticos e a navegación astronómica.

SALA 3:
4. OS OFICIOS DO MAR.
5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIBRAO: ARTES E APARELLOS DE PESCA.
6. A VIDA MARIÑA, ALGO MÁIS QUE PEIXES.

SALA 4:
7. OS CAZADORES DE BALEAS.

O museo constitúe unha icona para a comarca e sobre todo para o pobo de San Cibrao, do que constitúe un elemento esencial da súa identidade. Por todo o dito, queremos:

Un MUSEO DIDÁCTICO: un museo que debe seguir sendo unha escola, un instrumento para a aprendizaxe e a educación social, un medio para o intercambio recíproco de coñecemento, depositario non só de obxectos sen vida, senón do patrimonio inmaterial, da memoria histórica e das lembranzas que constitúen a identidade dun pobo.

Un MUSEO ADAPTADO: un museo accesible, tanto no discurso como na montaxe expositiva.

Un MUSEO SOCIAL e SOLIDARIO, que estableza un diálogo permanente coa súa contorna; un MUSEO DENTRO-FÓRA, que estenda a súa acción fóra dos seus muros e estableza unha conexión viva do museo coa súa orixe sociocomunitaria.

Un MUSEO INTERACTIVO E DINÁMICO, en constante evolución e en continua construción, que xere unha sinerxía positiva que faga del o centro gravitacional de novas accións. As novas tecnoloxías de comunicación aportarán unha maior fluidez á conexión do museo co público e ampliará de xeito ilimitado o seu ámbito de acción.

Un MUSEO DO FUTURO: un museo próximo pero aberto ao mundo. Queremos un museo vivo, humano, un museo no que o «éxito non se mida polo número de visitantes que recibe, senón polo número de visitantes aos que ensinou algunha cousa». (Henri)

ENTRADA E SALA 1


Sección 0: A escola. Un museo de todos, para todos.

Este edificio naceu para ser escola de San Cibrao no ano 1931 por desexo de D. José Mª Montenegro e da súa muller Dna. Manuela Goñi Maíste, emigrantes na Arxentina. A súa doazón (60.000 pesetas) permitiu construír un edificio de pedra de granito, dividida en dúas alas, unha para a escola masculina e outra para a feminina. A distribución do edificio vén determinada polos seus usos como escola mixta.

No anos sesenta, o mestre D. Francisco M. Rivera Casás, e 34 dos seus alumnos, converteron as “Escolas Vellas” nun museo. En 1969 por iniciativa de Alfredo Sánchez Carro, a Deputación de Lugo acordou en pleno crear o museo. Entre todos iniciaron un importante traballo de recompilación de obxectos mariños, que hoxe constitúen unha parte esencial dos fondos da colección do Museo do Mar. Este labor contou, dende a súa xénese, coa plena complicidade da sociedade, interesada en preservar o seu tradicional vencello co mar.

No ano 1994 trasladouse aquí a sección de Náutica do Museo Provincial de Lugo, sendo a súa dirección quen coordinou xunto cos veciños a montaxe. Como museo inaugurouse o 12 de agosto de 1994. O museo estivo xestionado pola Asociación de Veciños “Cruz da Venta” dende 1994 ata o 2004. A Deputación Provincial de Lugo, a través da xerencia da Rede, tomou o relevo na dirección do mesmo no 2004.


O latexo do museo:

No espazo contiguo, o motor a vapor simboliza o corazón do museo, o latexo rexenerador que enche de vida os recunchos da memoria e nos empurra cara a adiante. Vai ser o noso diario de a bordo, onde se recollen as testemuñas gráficas da nosa memoria histórica e se logra humanizar os obxectos que compoñen a colección.

SALA 2

1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO.
2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUÍDOS EN SAN CIBRAO
3. A ARTE DE MAREAR: MIRANDO AO NORTE

Como fío condutor desta sala empregamos a sección da carpintería de ribeira en San Cibrao e as tipoloxías construtivas máis comúns que saíron dos seus estaleiros, exemplarizadas nalgún dos modelos de barcos expostos, réplicas a escala de navíos que tiveron especial relevancia na historia de San Cibrao, como foron o Paca Gómez, O Industrial ou a goleta Sargadelos. (Seccións 1 e 2).

Na sección 3, A ARTE DE MAREAR: MIRANDO AO NORTE, agrupamos os instrumentos de navegación ou instrumentos náuticos, esenciais para entender a evolución da navegación e a magnitude das súas conquistas, que levaron ao home a descubrir novas terras e a ampliar os seus horizontes, tanto os xeográficos como os intelectuais.

Igualmente, incluímos os fanais e luces de posición dos barcos como elementos significativos para a navegación, cuxa función é a de marcar a localización do barco e avisar das manobras durante a marcha.

Reservamos un lugar especial para as pezas procedentes de rescates subacuáticos, como é o caso dos restos do naufraxio da fragata Magdalena e do bergantín Palomo, ocorrido na Ría de Viveiro alá polo ano 1810.

SALA 3

4. OS OFICIOS DO MAR
5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIBRAO: ARTES E APARELLOS DE PESCA
6. VIDA MARIÑA: ALGO MÁIS QUE PEIXES

Nesta sala tomaremos o caso de San Cibrao como referencia para mostrar, desde o particular ao xeral, a simbiose construída entre os pobos litorais e o seu mar. Desta adaptación ao medio xorden oficios directamente vencellados aos labores de extracción do peixe, á elaboración e procesamento do mesmo ou á súa comercialización, e obxectos asociados a esas tarefas.

*     PEIXEIRAS ou PESCANTINAS: bacías, patelas, etc.
*     REDEIRAS: agullas de madeira, malleiros, etc.
*     CORDELEIROS: instrumentos que permitían a elaboración ou arranxo dos cabos das embarcacións.

Incluímos algunhas das artes de pesca empregadas polos mariñeiros de San Cibrao ao longo da súa historia.

Neste espazo van chamar especial atención dúas pezas:

*     Un traxe de augas completo, de tres pezas (casaca, pantalón faenero e gorro), elaborado ao xeito tradicional, con liño “encascado”.
*     Un traiñón ou txalupa baleeira de 3 m de eslora, aparellado con dúas velas.

Nesta sala é ineludible referirse ao obxecto directo destes traballos: os froitos do mar. Incluímos na mostra unha variada representación da fauna mariña, principalmente, pezas da colección de malacoloxía (un 70 % do total dos fondos do museo), esqueletos totais ou parciais de animais mariños (mandíbulas de quenllas, espadas de peixe espada, esqueletos de golfiños, etc.), animais desecados (tartarugas), corais, fósiles, algas, etc.

SALA 4

7. OS CAZADORES DE BALEAS

Os restos óseos das baleas son as protagonistas desta sala. Foron recollidos nas inmediacións das praias de San Cibrao, en especial na de Cubelas, nas que se procesaban os cetáceos cazados nos s. XVI-XVII.

Xa no s. XX, a caza da balea volveu a ser unha fonte de recursos destacada para a economía de local. A familia Massó, unha das principais sagas conserveiras de Galicia, instalaron unha das súas factorías baleeiras en Morá

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati