INAUGURACIÓN HOXE DA EXPOSICIÓN DE ARQUEOLOXÍA COMISARIADA POR OFELIA CARNERO E ENRIQUE ALCORTA NO MUSEO DE LUGO
ARQUEOLOXÍA 1990-2005
Dende a reapertura do MPL, en febreiro de 1991, non se organizara ningunha exposición de arqueoloxía con fondos depositados no Museo. No proxecto que anima ao Museo de dar a coñecer as pezas que conforman as súas coleccións tócalle a quenda agora á Sección de Arqueoloxía e Historia. Xorde así esta exposición que, baixo o título de “Arqueoloxía 1990-2005” pretende amosar algún aspectos da arqueoloxía da provincia de Lugo dende a prehistoria ata o século XVIII, dando a coñecer materiais procedentes de varias das intervencións arqueolóxicas levadas a cabo nese intervalo de 15 anos e depositados nas zonas de reserva deste centro.
Galicia foi unha das primeiras comunidades españolas en contar cun Servizo de Arqueoloxía, creado en 1985, dependente do goberno autónomo. En 1995 apróbase a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e o 10 de xullo de 1997 o decreto 199/1997 polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Galega. A aplicación desta lei supón que o MPL sexa o receptor de case todos os depósitos de materiais arqueolóxicos exhumados nas variadas intervencións arqueolóxicas que se realizan na provincia e das que se fai o oportuno seguimento dende o Departamento de Arqueoloxía/Historia do MPL, en canto depositario dos materiais para a súa conservación e difusión dende 1990.
O ingreso destes fondos arqueolóxicos realizouse ata o ano 2005, data na que como consecuencia da densidade de intervencións arqueolóxicas, a capacidade das dependencias destinadas para a conservación e mantemento adecuado dos depósitos arqueolóxicos viuse saturada.
É esta unha das razón que nos levou a titular esta exposición co nome de “Arqueoloxía 1990-2005”, coa que, en primeiro lugar, queremos dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico da provincia e que a mostra se convertese nun centro de referencia que achegase a arqueoloxía ao público. Ademais, parecíanos o momento oportuno para amosar aos visitantes o incremento do patrimonio arqueolóxico da sección producido durante os quince anos que median entre ambas as dúas datas, así como expoñer unha selección das pezas máis significativas e/ou inéditas para dar a coñecer a evolución da nosa cultura material, dende as mostras máis temperás, situadas cronoloxicamente no paleolítico inferior, arrededor do ano 300.000 B.P. ata as máis tardías que localizamos no século XVIII.
A presentación dos contidos da exposición articúlase a través de grandes áreas temáticas que abranguen a idade da pedra lascada, a idade da pedra puída co fenómeno cultural megalítico, a idade do ferro co fenómeno cultural castrexo, a cultura romana e a idade media e moderna. Nesta orde evolutiva cronolóxica non nos esquecemos do comezo da metalurxia coa idade do bronce, senón que ao longo destes quince anos non se entregaron no museo materiais claramente adscritos a esta etapa.
En conclusión, a finalidade última deste proxecto non é outra que a de dar a coñecer e poñer en valor o noso patrimonio arqueolóxico.
Mª Ofelia Carnero Vázquez e Enrique J. Alcorta Irastorza
Departamento de Arqueoloxía/Historia

Propuesta De Reforma
View more presentations from Encarna Lago.
Algo más que objetos.
View more presentations from Encarna Lago.
Comentarios
Publicar un comentario