Ir al contenido principal

SOMBRA DE SONOS NO BOSCO.UN BERRO POLA LINGUA



Os visitantes.
Visitas nos nosos fogares. Visitantes que se converten en convidados. Moitas fugaces, rematan no día. Outras son máis longas e fan noite
ou noites onde nós. Quen pode, ten un cuarto libre que renace nestas ocasións, que surxe e completa a casa. No Pazo de Tor temos un deses
cuartos Guadiana. Nel fixeron noite amigos da familia, visitantes que se acubillaban para descansar despois de ter parrafado, paseado e enchido
o bandullo coa hospitalidade das xentes de Tor.
Un dos nosos visitantes mais senlleiros de seguro tomou tempo en facer estas tres cousas. Non sería tolemia aventurar que tamén encheu
mente e corazón, collendo nos seus salóns e dependencias folgos espirituais que empregaría nos seus escritos. Estamos a falar de Uxío
Novoneyra.
Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2010 ao grande debullador dos paisaxes do Caurel; a Rede Museística Provincial gustaríalle
poder pór en marcha unha actividade que terá como contido entre outros da proxección animada dun conxunto de textos , até o 17 de Maio.
Neles hannos mostrar aspectos da vida e obra de este home de Moreda, tendo sempre presente a súa relación persoal co Pazo de Tor e os
seus habitantes. Esta vai ser a homenaxe que a Rede fará a este poeta que nos deixou na súa obra recunchos líricos, sonoros e fermosos de
única feitura.
Debido a relación de Uxío NovoneYra tan estreita co Pazo de Tor e o achádego de material inédito seu no propio Pazo. o Pazo de Tor sera hoxe
día 19 o punto de saída ou inicio das actividades PROGRAMADAS POLA ÁREA DE CULTURA PARA O Ano de Uxío Novoneyra.
Coa asistencia do Deputado Delegado da Area de Cultura Antonio Veiga e a Xerente da Rede Museística Encarna Lago
/1 /
UN ACTO SIMBÓLICO O PRÓXIMO DIA 19-1-2010: a posta en marcha dunha CONTA ATRÁS DO ANO UXÍO NOVONEYRA
Comezará o 19 de Xaneiro, por coincidila data do seu nacemento, coa do legado DO Pazo Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO E TAMÉN
A DO PASAMENTO da súa amiga Dona María Paz Taboada, TITULAR DO INMOBLE ATÉ ESE DÍA.
/2/
UnhA Proxección animada. Terá lugar no cuarto de convidados. será dinámica, estará viva. Mes a mes iranse incorporando textos e distintas
testemuñas. As aportacións virán tanto de distintos autores como de persoas que con el se relacionaron.
/3/
O longo do ano, o propio pazo (na voz de Paco Nieto) dará a benvida aos nosos visitantes con dous contidos básicos:
- anuncialas novidades mensuais da proxección animada da habitación de convidados
- pedilo apoio dos visitantes á nosa língua.
/4/
O día 17 de maio obsequiarase a tódolos visitantes dos Museos da Rede co Poema dedicado por Uxío Novoneyra ao Pazo de Tor
/5/
BOTELLA AO MAR: UN BERRO POLO FUTURO DA LINGUA GALEGA
Dende a posta en marcha da conta atrás os catro museos da Rede museística provincial porán a disposición do público, especialmente para
o alumnado, unha botella na que recoller mensaxes de esperanza para o futuro da lingua galega.
Luns, 18 de maio (Día Internacional dos Museos), todas as mensaxes serán trasladadas ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao para que
os participantes no obradoiro “Botella ao mar” as liberen entre as ondas, que son ronsel de futuro e de esperanza, CONTINUANDO UNHA iniciativado 2009 desta Xerencia en   defensa do noso idioma.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati