Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como RECURSOS DIDÁCTICOS PARA DESCARGAR

25 DE NOVIEMBRE DÍA INTERNACIONAL DE LUCHA CONTRA LA VIOLENCIA DE GENERO: ENLACES DIDÁCTICOS

http://www.educacionenvalores.org/25-de-noviembre-Dia-Internacional.html http://www.educandoenigualdad.com/spip.php?page=galego&lang=gl http://encarnalagogonzalez.blo gspot.com.es/2013/11/plantalle-cara-ao-maltrato-25-dia.html http://museodomar.blogspot.com.es/2013/03/plantalle-cara-ao-maltrato.html

ACTIVIDADES SOBRE EL CINE-HEMEROTECA

Un ciclo de películas gallegas y talleres de cine para niños, en la oferta del Museo Provincial de Lugo para este verano 25-06-2003 El Museo Provincial de Lugo, perteneciente a la Diputación de esa provincia gallega, presentó anteayer las actividades que va a poner en marcha a lo largo de estos meses de verano. En total, serán más de 60, y en ellas el cine tendrá un especial protagonismo, con un ciclo de películas gallegas y nueve cursos para niños sobre diferentes aspectos del Séptimo Arte. En concreto, uno de los grandes atractivos del programa veraniego del Museo Provincial de Lugo será un ciclo de cine formado por ocho películas gallegas o rodadas en Galicia. Las sesiones, gratuitas, serán a las diez de la noche en los jardines del Museo Provincial. Los filmes que se proyectarán son O baile das ánimas (9 de julio), O xogo das mensaxes invisibles (16 de julio), A metade da vida (23 de julio), Continental (30 de juliio), A noiva de medianoite (6 de agosto), Sempre Xonxa (13 de ...

REISES DA MANTA- CANTOS DE REIS APORTADOS POR NENOS DE FRIOL

San José e a Virgen Santa por Baixo da manta a Belén camino iban e a manta por riba. San José camiña moito por baixo da manta pero a Virgen non podía e a manta por riba. Andemos señora andemos por baixo da manta que se nos acaba o día e a manta por riba. Se este día se acabase por baixo da manta outro Dios nos mandaría  e a manta por riba. Se este día se acabase por baixo da manta  outro Dios nos mandaría e a manta por riba. E os señores desta casa por baixo da manta hannos dar unha alegría e a manta por riba. E se non queren dar nada por baixo da manta condenado sea o día e a manta por riba. San José e máis Maria iban xuntos para Belén iban cantando nos reises a Jesús de Nazaret. Iban d vila en vila e de lugar en lugar en busca de Jesucristo non o puideron hallar. Fororn dar con el a Roma  Revestido no altar misa nova quer decir  misa nova quer cantare Aquela paloma branca  que está posta no altar aquela é nosa señora que nos vén visitar. San José bo...

RECURSOS DIDÁCTICOS SOBRE O APALPADOR DO CEBREIRO

Dende a montaña donde vive ese Apalpador queremos darlle as grazas ó  CEIP Friáns -Teis de Vigo, e a cantos tiveron algo que ver con este proxecto.   Monica Munoz Sobrino  http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/phpwebquest/caza/soporte_tablon_c.php?id_actividad=15&id_pagina=2 CANTIGAS DO APALPADOR 1 Vaite logo, meu meniño, marcha agora pra caminha, Que vai vir o Apalpador a palparche a barriguiña. 2 Xa chegou o dia grande, dia do Noso Señor. Xa chegou o dia grande, e virá o Apalpador. 3 Mañá é dia de cachela, que haberá gran nevarada e há vir o Apalpador cunha mega de castañas. 4 Por aquela cemba xa ven relumbrando o señor Apalpador para darvos o aguinaldo
"Ya se pueden consultar los podcast de las conferencias impartidas en el curso El público y las nuevas tecnologías en los museos celebrado en la Fundación Sierra Pambley (León) los días 29 y 30 de octubre de 2009 en la dirección del blog http://museosierrapambley.blogspot.com/ Accedéis al apartado Programa (en el menú izquierdo del blog), y pincháis en la palabra Podcast que está situada en cada conferencia. Os aparecerá una nueva pantalla en la que debéis pinchar en el título de la conferencia." Un curso que estuvo perfectamente organizado.

ONDE ESTA CIPRIANA-ACTIV DIDACTICA MUSEO DO MAR

MUSEO PROVINCIAL DO MAR Avda. da Mariña s/n 27890 San Cibrao, Cervo (Lugo) Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.es ¿ONDE ESTÁ CIPRI? FICHA DIDÁCTICA Descripción: Neste xogo, os nenos, sobre unha imaxe do fondo mariño, teñen que atopar a mascota que está agochada nunha cuncha. Nivel Educativo: Educación Primaria. Cursos 1º e 2º. Áreas curriculares de aplicación: Percepción visual. Bioloxía da fauna e flora mariña. Obxectivos xerais: Identificar a variedade de especies que viven no mar. Reforzar a capacidade de discernir entre formas e cores. Obxectivos específicos: Distinguir a variedade de cores e formas que poden ter as especies acuáticas. Fomentar as destrezas sensoriais coa realización dun xogo divertido. Potenciar o traballo en equipo. Metodoloxía: Na Sala das Cunchas, os nenos estarán sentados no chan en pequenos grupos. Repartirase unha folla cunha imaxe dun fondo mariño onde está agochado a mascota. Os rapaces teñen que atopala no medio do habitat mar...

ficha didáctica: A BUSCA DE SEBASTIÁN

MUSEO PROVINCIAL DO MAR Avda. da Mariña s/n 27890 San Cibrao, Cervo (Lugo) Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.esA BUSCA DE SEBASTIÁN FICHA DIDÁCTICA Descripción: Con esta actividade preténdese dar a coñecer ós nenos o medio mariño e os seus inquilinos. Todo este entorno é descrito nun conto que ten como protagonista un cangrexo ermitaño que está á procura dunha cuncha baleira. Nivel Educativo: Educación Primaria. Cursos 1º e 2º. Áreas curriculares de aplicación: Expresión oral Coñecemento da bioloxía mariña. Obxectivos xerais: Espertar a capacidade imaxinativa dos rapaces. Fomentar o interese pola literatura ambientada no entorno mariño. Obxectivos específicos: Potenciar a capacidade imaxinativa dos alumnos. Identificar as distintas especies de animais que viven no mar: moluscos, crustáceos, peixes … Metodoloxía: Os alumnos sentados na Sala das Cunchas escoitarán o conto. Mentres poderán ver un panel cos personaxes en distintas escenas da narración. Te...

A BUSCA DE SEBASTIÁN-ACTI DIDAC MUSEO DO MAR

A BUSCA DE SEBASTIÁN. Era unha vez un pequeno cangrexo ermitán chamado Sebastián que vivía nunha das praias de San Cibrao. A súa casa era unha caracola amarela que tiña tres pisos. Pero tiña un problema, a casa íalle quedando pequena xa que últimamente medrara un chisco. Non tiña espazo para meter todo o que tiña. Ou entraban as súas cousas ou el. Necesitaba buscar urxentemente outra cuncha baleira máis ampla, segura e cómoda. ¡Teño que darme presa! ¡ Estou indefenso, non teño protección e poden comerme! —Exclamou preocupado. Entón foi cando comezou a súa busca. Esa mesma noite estaba camiñando polo fondo do mar cando viu, de súpeto, un fulgor que o iluminou. A auga burbullaba cada vez máis. Sen decatarse apareceu un enorme calamar luminoso. —¡Ola, son Pincho, o calamar! ¿Que fas aquí tan soíño? —dixo amigablemente. —¡Ola, chámome Sebastián! Estou buscando unha casiña meirande e agradable. ¿Sabes onde podo atopala? —Non, estou de paso nesta zona, pero coñezo a Hugo un ollomol ...

Conto da Pequena Balea

“ROSA, A PEQUENA BALEA” Hai moitos moitos anos nas augas da Mariña Lucense ía un barco baleeiro á captura de baleas.O ceo estaba toldado e ameazaba unha gran treboada.O vixía que estaba na proa, comezou a berrar: —¡ Baleas, baleas, baleas! ¡Están a babor! ¡Preparádevos! ¿Está o arpón listo? ¡ Rápido!¡Apurade! O home vira unha balea xigantesca que tiña unha cría.A pequena nadaba a carón da súa nai e a súa cor era chamativa; eran as dúas brancas. ¡Eran baleas belugas.!Era moi estraño ver estas baleas por estas costas xa que son de augas moito máis frías. Os mariñeiros estaban asombrados polo que tiñan diante. Nunca viran esta clase de cetáceo por estas costas. Colleron os arpóns de punta afiada e perseguiron as baleas. A nai balea intentaba protexer á súa cría poñéndose entre o barco e a súa pequena. Pero ó protexela saíu ferida no lombo. A cría asustada e cansa alonxouse da súa nai. Nadaba na procura da súa nai pero non a atopaba. Desconsolada non sabía onde ir nin que facer...

ROSA,A PEQUENA BALEA

ROSA, A PEQUENA BALEA FICHA DIDÁCTICA Descripción: Conto ameno co que se pretende achegar ós alumnos as baleas e os perigos que sofren por mor da caza. O desenvolvemento da historia comeza co intento dunha baleeira por capturar unha balea branca e a súa filla. Dese modo querese mostrar a historia da vila de San Cibrao xa que esta actividade foi moi importante na antigüidade tanto aquí como na Mariña Lucense Nivel Educativo: Educación Primaria. Cursos 1º e 2º. Áreas curriculares de aplicación: Comunicación e representación Ciencias do mar Obxectivos xerais: Achegar o alumnado ós museos dunha maneira atractiva. Fomentar a expresión oral e artística. Engadir pequenos coñecementos sobre os cetáceos. Obxectivos específicos: Mostrar o vínculo existente entre o home e os mamíferos mariños Coñecer a historia da vila xa que a caza das baleas tivo moita importancia nesta zona nos séculos XVI e XVII. Inculcar a protección do medio mariño e os seus poboadores. Metodoloxí...

DESCUBRE A BALEA-ACT DIDACTICA

DESCUBRE A BALEA FICHA DIDÁCTICA Descripción: Nesta actividade pintarán un debuxo dunha balea con números, onde cada un ten asociado unha cor distinta. Nivel Educativo: Educación Primaria. Cursos 1º e 2º. Áreas curriculares de aplicación: Ciencias do mar Educación Artística (plástica e visual) Comunicación oral Obxectivos xerais: Achegar o alumnado ós museos e ó mundo do mar dunha maneira amena e atractiva. Fomentar a expresión oral e artística. Potenciar o interese pola cetoloxía. Obxectivos específicos: Familiarizarse coas partes dun mamífero mariño. Discernir as distintas formas e cores das baleas Fomentar unha actitude conservacionista do medio mariño tan indispensable na sociedade galega Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas co debuxo dunha balea animada con números. Os rapaces terán que coloreala según as cores que levan asociadas os números. Así cando rematen descubrirán a balea. Temporalización: Duración aproximada 45 minutos. Id...

ADAPTACION:COMO LAS BALLENAS LLEGARON A SER BALLENAS

CÓMO AS BALEAS CHEGARON A SER BALEAS Hai moito moito tempo, nunha terra moi lonxana había unha pequena aldea preto do mar. Nela vivía un home chamado Xurxo que tiña un pequeno horto onde cultivaba cenoiras, cebolas, xudías e todo o que precisaba para comer. Un día, cando estaba arrincando as malas herbas das plantas, viu unha cousa estraña, era longa e negra, e tiña unha raiciña nun extremo — ¿Será unha xudía negra?— pensou Ó día seguinte lembrouse da cousiña negra. Foi ver como estaba. Quedou sorprendido. Durante a noite dobrara a súa lonxitude. Agora, tiña medio metro de lonxitude, coma un ovo negro. Todos os días ía Xurxo mirala e cada día era máis grande. En realidade, cada mañá era o dobre de longa que a mañá anterior. Cando tivo un tamaño de dous metros, Xurxo dixo: —Estase facendo demasiado longa. Debo sacala e cociñala. Deixouna un día máis. Ó día seguinte, tiña catro metros de longo e ocupaba tanto espazo que non cabía en nin...

PINTA MARIÑEIRO -ACT.DIDA.MUSEO DO MAR

MUSEO PROVINCIAL DO MAR Avda. da Mariña s/n 27890 San Cibrao, Cervo (Lugo) Tfno. 982594572 - museodomarsc@terra.es ¡PINTA MARIÑEIRO! FICHA DIDÁCTICA Descripción: Nesta actividade os alumnos de primaria, pintarán un debuxo dun veleiro coas cores que eles queiran. Nivel Educativo: Educación Primaria. Cursos 1º e 2º Áreas curriculares de aplicación: Expresión artística Coñecemento das partes que forman un barco Obxectivos xerais: Achegar ós rapaces ó mundo da navegación dunha maneira amena e sinxela. Obxectivos específicos: Fomentar tanto as aptitudes creativas como a expresión oral. Espertar o interese polo mundo náutico. Metodoloxía: Os nenos, sentados no chan, na Sala de Navegación pintarán un debuxo dun velerio en alta mar. Colorearán este coas cores que eles queiran, para fomentar o desenvolvemento artístico. Cando rematen, os mariñeiros respostarán unhas sinxelas preguntas referidas ó barco: ás súas partes e porque se move no auga. Temporalización: ...