Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2016

Obradoiros de Nadal na Rede Museística " O Tizón de Nadal' no Museo Provincial do Mar

No Nadal decoramos as casas e as rúas con árbores e nacementos, cantamos vilancicos e recibimos regalos do Pai Nadal e dos Reis Magos. Todas estas tradicións teñen unha orixe e, como no museo somos moi curiosos, tiramos do fío, investigamos e descubrimos que en Galicia, en Noiteboa, era costume queimar unha gran póla de carballo na lareira mentres se ceaba e cantaba. Mantíñase o lume aceso toda a noite para pola mañá recoller as cinsas e o tizón, que se gardaba todo o ano como talismán de boa sorte e lograr, deste xeito, que as colleitas fosen boas durante o ano e para espantar as tormentas e os males. Nós xa preparamos un caldeiriño no que gardar o noso tizón. Gústavos?

Día Internacional Migrante na Rede Museística

CULTURAS EN DIALOGO LUGO- ARXENTINA/ LUGO URUGUAI

    REDE MUSEÍSTICA  Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, participará mañá día 13 de decembro, ás 11:15 horas (hora portuguesa) no   IV ENCONTRO DE MUSEOS PORTUGAL-ESPANHA , co relatorio   Proxecto Museos e conexión co Terceiro Sector: Culturas en diálogo Lugo-Arxentina/Lugo-Uruguai da Rede Museística de Lugo .   Baixo o título  Museos e tranformacións sociais , este IV ENCONTRO DE MUSEOS PORTUGAL-ESPANHA vaise desenvolver dende o día 13 ao 15 no Museo Nacional dos Coches de Lisboa e trátase dun evento organizado polos organismos de tutela dos museos dos dous países: a Direçao Geral do Património Cultural e a Subdirección General de Museos Estatales. Estes encontros dos Museos de España e Portugal teñen unha perioricidade bianual, alternando o país de acollida, e teñen como obxectivo principal aproximar os museos dos dous países, propiciando un coñecemento mutuo, coa finalidade de estreitar relacións bilaterais e e promover proxectos conxuntos. Estas xuntanza

PREMIOS MAV ENTREGA NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

http://www.mav.org.es/

Semana intensa de actividade na Rede Museística