Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Rosalía de Castro

DIA MUNDIAL DA POESÍA,NA REDE ADICAMOLO A ROSALÍA E O PROGRAMA CHAMASE: FOLLAS NOVAS,NOVAS FOLLAS

Día Mundial Poesía na Rede Museistica de Lugo,Follas Novas,Novas Follas, Rosalia, View more presentations from Encarna Lago . “As viúdas dos vivos, as viúdas dos mortos” Emigración: carraxe universal. O desmembramento, o trauma e a perda son un comezo onde buscar un elemento de unión entre xéneros e culturas. Unha galega, un filipino, un bosnio, unha mexicana, unha ghanesa, un palestino:    pais que non teñen fillas e fillos que non coñecen nais. Diásporas humanas, sen xénero xa. Todas pateira e todos “espalda mojada” . Na loita pola oportunidade, pola mellora, polo presente, polo futuro mellorando o pasado é onde medra a conversa común   afianzada. Dende o esforzo e a superación da penuria.   Dinámicas que igualan condicións e so entenden de persoas. Comunidades que procuran poder escoller viaxe en liberdade no canto de marchar por obriga. Comunidades criando nenos e nenas horizontais, que miran de igual ao   do   carón. Nin cara o cumio   dende a...