Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como COLECCIÓNS

ASÍ NACEU O PROXECTO FOTOGRAFÍA A CEGAS

Fotografía a cegas Resulta imprescindible que os recursos culturais dun museo estean ao alcance de todos os cidadáns para poñermos á súa disposición o coñecemento e a formación que a arte ofrece. Facilitar a súa proxección didáctica e conseguir que as obras sexan accesibles ao maior número de público, aínda que posúan códigos de interpretación e de percepción moi diferentes é o noso obxectivo: museos para todxs entre todxs. Na Rede de Museos, a través do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade adscrito á Xerencia, vimos traballando xa noutra fase nun proxecto de eliminación de barreiras dende o outro lado: ”as barreiras que pon o persoal discapacitado” e  tamén a súa adaptación ao posto de traballo. Para propiciar e potenciar ese achegamento e adaptar o posto de traballo da nosa compañeira cega, a guía Angeles Míguelez, tivemos que crear estratexias  de achegamento das coleccións a todos.  Con ela decidimos que tiñamos que aproveitar o seu pot...