Ir al contenido principal

ASÍ NACEU O PROXECTO FOTOGRAFÍA A CEGAS

Fotografía a cegas
Resulta imprescindible que os recursos culturais dun museo estean ao alcance de todos os cidadáns para poñermos á súa disposición o coñecemento e a formación que a arte ofrece. Facilitar a súa proxección didáctica e conseguir que as obras sexan accesibles ao maior número de público, aínda que posúan códigos de interpretación e de percepción moi diferentes é o noso obxectivo: museos para todxs entre todxs.
Na Rede de Museos, a través do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade adscrito á Xerencia, vimos traballando xa noutra fase nun proxecto de eliminación de barreiras dende o outro lado: ”as barreiras que pon o persoal discapacitado” e  tamén a súa adaptación ao posto de traballo.
Para propiciar e potenciar ese achegamento e adaptar o posto de traballo da nosa compañeira cega, a guía Angeles Míguelez, tivemos que crear estratexias  de achegamento das coleccións a todos.  Con ela decidimos que tiñamos que aproveitar o seu potencial e traballar os outros sentidos e tamén traballar dende outras perspectivas  (ademais da linearidade formal e estilística). De cada peza … de cada colección, había que incorporar novos recursos e adaptacións para que as experiencias sensoriais no museo sirvan para adquirir un coñecemento mutuo cun contacto intenso e próximo.
A dominación da cultura visual ao longo da historia é evidente e isto produciu unha forma moi concreta de relacionarnos coas obras de arte e de extraer significados e lecturas delas. A nosa forma de mirar determina a maneira en que entendemos, interpretamos e dotamos de significado todo.
Así atopábame  eu  “A CEGAS”  para interpretar e dotar de significado certas coleccións e ser capaz de  transmitirlle a información correcta á miña compañeira cega. Era preciso que a través da nosa axuda, ela atopase outras vías para conducir a mirada dos que se achegan aos museos a descubrir as nosas coleccións, e, non foi doado.  Dicía  Nelson Goodman “cambia-la forma de mirar implica cambia-los significados e  construír con eles un novo mundo”. A mirada non é un proceso simplemente físico que rexistra o ollo senón que é un proceso activo que estrutura o que ve no exterior en función dun esquema interior.
Desde esta concepción nace este proxecto cun obxectivo claro: achegar e descubrir as coleccións dos catro museos da Rede a través da fotografía, como unha actividade  dialogada, mental e en equipo: os cegos, o persoal do  museo e os fotógrafos.
Os porqués xa os coñecedes, a necesidade agudiza o enxeño e tiñamos que axudar a adaptar un posto de traballo como mediador cultural a unha persoa cega  pero, como facelo?
En México tiveron algún obradoiro de fotografía para cegos, tamén na Arxentina . Nós analizamos as experiencias e exposicións de California e de México así como o movemento “The Blind with Carrera School” que ve na fotografía para cegos un revulsivo para reflexionar sobre a imaxe, a luz e a escuridade. Tiñamos que adaptar estas ideas soltas doutras experiencias  á nosa realidade e ver como aproveitar esa información previa: querer é poder.
Para iso, falei con  Ángeles Miguelez  e  Pilar Yáñez, as dúas cegas, que  xunto con Juan Ignacio Márquez me animaron a seguir nesta idea que parecía  unha quimera pero que eu pensaba que podía ser realizada,  hoxe xa o podemos dicir, con éxito. Falamos co artista Iago Eireos e púxose a investigar.
Decidimos organizar  un obradoiro de fotografía para cegos: “Fotografía A CEGAS”. Iago Eireos encargouse de formar un equipo con fotógrafos lucenses  dispostos a facer de profesores: Xosé Reigosa, Germán Limeres, Antonio López. Queriamos conseguir que entenderan que a fotografía nace na cabeza. A vista percibe a imaxe pero é o cerebro quen a crea. E aí, na cabeza, estaría  a información facilitada sobre os contidos e coleccións dos nosos museos:  San Paio de Narla, Pazo de Tor, Museo do Mar e Museo Provincial de Lugo. Enrique Lamas xunto cos alumnos da Escola de Imaxe e Son farían un documental recollendo todo o proceso.
De isto xa fai agora tres anos. E cada ano a pretensión foi seguir crecendo e aportando novedades que os fixeran mais atractivos. Pero todo aprendizaxe ten os seus pasos, e eran precisas as anteriores edicións para chegar a esta terceira cunhas competencias xa aprendidas que fixera mais doado abordar novas disciplinas da imaxe. Asi mesmo a intención sempre foi a de ofrecer mais prazas  cada ano para que mais persoas puideranse sumar.
Nesta última edición quixemos incorporar duas cousas. Por un lado traballar a linguaxe visual non soamente dende a fotografía, se non tamén dende a videocreación. E tamen reflexionar sobre a paisaxe, non soamente como a expresión dun lugar ou extensión ao que fotografiar ou grabar se non tamén como algo cultural e social.
Ben e certo que os participantes que xa viñeran outros anos coñecian o funcionamento dos dispositivos e de certas técnicas dentro da linguaxe fotográfica e que tamen son aplicables á videocreación, pero houbo que traballar tamén as diferecias. Se traballar con fotografía parecía un reto moi grande, traballar con vídeo non o foi menos, pero o resultado foi moi satisfactorio para todos.
Este ano o ICOM invitaba a todos os museos a reflexionar sobre un tema no que a Rede Museística leva traballando dende a sua creación hai xa dez anos. Baixo o épigrafe Museos e Paisaxes Culturais invitasenos a reflexionar sobre a relación do Museo co paisaxe que o rodea. Unha relación que nos museos da Rede é esencial xa que precisamente ese paisaxe, ese contexto, identifica a cada un dos nosos museos. O patrimonio material e inmaterial de cada un dos museos esta ligado a paisaxe no que esta situado e precisamente ese vínculo é o que define o espirito dos mesmos.
“Fotografía A CEGAS” é un proxecto que ademais deu como resultado final  un documental dunha hora de duración, unha exposición e un catalogo froito do traballo dun colectivo de ENREDADOS (fotógrafos cegos, fotógrafos mestres, persoal dos Museos da Rede) interesados na experimentación sensorial, na exploración dos esquemas perceptivos e na busca doutro tipo de referentes que non sexan unicamente visuais para relacionarse coa arte dunha forma máis global.
Recorremos á potencialidade da forma que os cegos teñen de relacionarse coas cousas e cos conceptos para enriquecer os museos e a propia mirada dos que veñen aos nosos centros. Un traballador cego como guía dun museo é un gran potencial.
“… só co corazón se pode ver ben; o esencial é invisible para os ollos.” O principiño.
Encarna Lago  González

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...