ENCARNA LAGO IMPARTE O OBRADOIRO FOLLAS NOVAS , NOVAS FOLLAS PARA TDAH: TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE NO DÍA DE ROSALÍA
Co motivo do Día de Rosalía, que se celebra na xornada de hoxe, a Área de Cultura, a través da Rede Museística, programou diversas actividades como exposicións, obradoiros, monicreques, propostas didácticas e concertos para celebrar esta efeméride.Hoxe mércores, ás 18:00 horas, na Sala de Exposicións da Deputación, vaise celebrar un obradorio con Bule Bule, impartido por Encarna Lago, que dentro do programa 'Follas Novas, Novas Follas' da Rede Museística Provincial, ofrecerá hoxe, como novidade, o Yoni-creator, é obra de Luz Darriba coa colaboración de Javier Sánchez –Montaña, e trátase dunha máquina readaptada para difundir a obra das mulleres artistas de todas as disciplinas, homenaxeando nesta ocasión a nosa Rosalía: eterna e feminista. O Yoni-creator naceu coa intención de poñer en valor e dar a coñecer as obras das artistas mulleres que, aínda hoxe, seguen a estar invisilibilzadas maioritariamente do panorama cultural e do coñecemento popular. Yoni-creator sae dunha máqu...