Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Filosofía

O Grupo de Filosofía Doxa na Redemuseística de Lugo

Grupo Doxa O Grupo de Filosofía Doxa naceu a finais dos anos 80 e principios dos 90 na cidade de Lugo. Formado por un grupo de profesores de filosofía inquedos, críticos e reivindicativos, no 2009 volveu a tomar un impulso con novas aportacións e no 2012 organizou o seu primeiro foro na cidade luguesa, baixo o título ‘Volver pensar a democracia’. O ano pasado chegou a segunda edición, que tratou ‘O futuro do traballo’. O grupo de filosofía Doxa convida a analizar esta semana a ética e o capitalismo no Museo Provincial de Lugo O terceiro Foro Galego de Filosofía organizado por este colectivo ofrecerá tres relatorios entre o mércores, día 12, e o venres 14, a cargo de distintos profesores universitarios. A entrada será libre e as charlas darán comezo todos os días ás oito da tarde no refectorio do museo.  “Un ano máis a área de Cultura da Deputación colabora co Grupo Doxa co fin de organizar un foro que nesta edición se dedica a estudar as temáticas da ética e o capita...