Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como MUSEOS E CARCERE

Exposición Fotográfica “Mulleres de Turquía, Retratos de Convivencia” na Rede Museistica

Dentro do programa MUSEOS PÚBLICOS 25.2 (Proxectos de Museoloxía Social da Rede Museística) neste caso colaborando co Centro Penitenciario de Monterroso o mércoles, 22 de xuño, presentouse a Exposición Fotográfica “Mulleres de Turquía, Retratos de Convivencia”. Consta de 45 fotografías onde o autor, Pedro Cantero, mostra a súa visión persoal sobre a sociedade turca a través de momentos cotidianos das mulleres deste país, dacabalo entre Oriente e Occidente. Todas estas fotografías foron tomadas nos Proxectos Educativos Europeos Conxuntos do Centro Penitenciario de Monterroso e do Centro de Adultos de Monterroso, que durante 9 anos compartiron as súas experiencias de traballo con diversos países como Turquía, Alemaña, Francia, Romanía, Noruega, etc., abarcando temas tan diversos como a Inmigración, o Desenvolvemento Sustentable, os Refuxiados ou a Violencia nas Aulas. A Exposición Fotográfica presentouse cunha charla-coloquio onde, a través das imaxes, introducimonos na cultura musulmá a...

MUSEOS PÚBLICOS 25.2 /CENTRO PENITENCIARIO DE MONTERROSO NO MUSEO DE SAN PAIO DE NARLA

O Museo Fortaleza de San Paio de Narla e o Centro de Educación Permanente de Adultos do Centro Penitenciario de Monterroso CONVÍDANO á inauguración da exposición “Mulleres en Turquía. Retratos de convivencia”, de Pedro Cantero Mostra fotográfica e coloquio sobre Turquía, a súa sociedade e a súa cultura a través de retratos de mulleres EXPOSICIÓN O Museo Fortaleza de San Paio de Narla dentro do programa “Museos Posibles 25.2”, e en colaboración nesta ocasión co Centro Penitenciario de Monterroso, expoñerá a exposición fotográfica de Pedro Cantero sobre Turquía, a súa sociedade e a súa cultura a través de retratos de mulleres, A inauguración, coincidindo coa finalización do curso escolar 2015/16 será o próximo día 22 de xuño, ás 17:00 horas. Esta exposición permanecerá ata o 31 de xullo de 2016. Pedro Cantero, director do Centro de Educación Permanente de Adultos do Centro Penitenciario de Monterroso, é o autor da mostra e o promotor no Centro Penitenciario dos Proxectos E...