A asociación 3monos presenta a segunda edición do festival de butoh e danza experimental KOJOTEKI 2013. O festival terá lugar do 19 ao 23 de novembro en distintas localizacións da cidade de Lugo como o Museo Provincial, o Auditorio Municipal Gustavo Freire, o MIHL e a Biblioteca Pública, na que se poderá visitar dende o martes día 12 a exposición fotográfica BUTOH FU. BUTOH FU é unha exposición que combinará fotografías3 e textos para ofrecer un panorama do butoh. Por unha banda, presentarase a historia do butoh a través dos seus principais referentes, dende as orixes con Kazuo Ohno e Tatsumi Hijikata ata a actualidade, con un apartado especial para o panorama do butoh en España. Este ano o festival conta con artistas internacionais de ampla traxectoria e recoñecemento, como a xaponesa Yumiko Yoshioka que ademáis de actuar o sábado 23 no MIHL impartirá un curso de 20h. pola semana de 'Body resonance' baseado na danza butoh e o movemento orgánico. Tamén contaremos ...