Viva a Lei de Igualdade! Pola Lei de Igualdade 3/2007 e que se cumpra moito máis! Viva o Plan de Museos, Arte, Educación e Igualdade da Rede Museística! Viva o noso Plan de Igualdade e as nais que o pariron! Por que nin un só museo abra as súas portas se non cumpre as Leis de Igualdade! Por que se esixa o cumprimento da Lei de Igualdade! Viva a discriminación positiva e porque algún día deixe de ser necesaria! MUSEOS Porque haxa paridade nos comités directivos e padroados dos museos! Porque as xestoras culturais accedan máis facilmente a postos de dirección! Porque polo menos a metade das exposicións sexan de artistas mulleres! Porque as obras das artistas saian dos sotos das coleccións! Viva o fomento e ordenación do patrimonio artístico contemporáneo en termos paritarios! Por un incremento patrimonial de obras de artistas mulleres nas coleccións! Un hurra pola supervisión dunha asignación de recursos igualitaria en centros de arte! Porque se teñan en conta criterios de igualdade e...