Viva a Lei de Igualdade!
Pola Lei de Igualdade 3/2007 e que se cumpra moito máis!
Viva o Plan de Museos, Arte, Educación e Igualdade da Rede Museística!
Viva o noso Plan de Igualdade e as nais que o pariron!
Por que nin un só museo abra as súas portas se non cumpre as Leis de Igualdade!
Por que se esixa o cumprimento da Lei de Igualdade!
Viva a discriminación positiva e porque algún día deixe de ser necesaria!
MUSEOS
Porque haxa paridade nos comités directivos e padroados dos museos!
Porque as xestoras culturais accedan máis facilmente a postos de dirección!
Porque polo menos a metade das exposicións sexan de artistas mulleres!
Porque as obras das artistas saian dos sotos das coleccións!
Viva o fomento e ordenación do patrimonio artístico contemporáneo en termos paritarios!
Por un incremento patrimonial de obras de artistas mulleres nas coleccións!
Un hurra pola supervisión dunha asignación de recursos igualitaria en centros de arte!
Porque se teñan en conta criterios de igualdade e paridade á hora de elaborar os orzamentos de compra de obras de arte e patrimonio con recursos públicos!
Porque as programacións participadas con fondos públicos cumpran criterios de igualdade!
HISTORIA
Por unha Historia da arte que preste atención ao papel das artistas mulleres!
Ánimo á recuperación e creación de arquivos de artistas mulleres desde a modernidade!
EDUCACIÓN
Vivan os libros de texto que fan un recoñecemento público ao papel das mulleres!
Porque no sistema educativo contribúase con determinación a desmontar a asignación de roles en función do xénero!
DIFUSIÓN
Viva a difusión seria e profesional dos traballos feitos por artistas mulleres en prensa, radio, televisión e internet!
Un hurra pola creación dun Observatorio da Igualdade na cultura!
XENERAIS
Por unha erradicación da discriminación sexista na política cultural de todo o sistema da arte!
Vivan as persoas capaces de apreciar prácticas artísticas diferentes ás hexemónicas!
Porque rompan os estereotipos de xénero!
Arriba as responsables públicas que cambian os nomes das rúas para que cumpran criterios de igualdade!, Abaixo os insensibles!
Ánimo!
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...