Maxia e ciencia, moi divertido Este sábado, 5 de decembro de 2009, ás 12:30 horas, o MPL invítate a ti e a toda a túa familia ao espectáculo "MAXIA VS CIENCIA", por A illa d@s nen@s. Espectáculo con obradoiros experimentais no que os nen@s poden desfrutar dunha divertida sesión onde unha científica tola reta a un mago para, así, demostrar que a ciencia é máis poderosa que a maxia. Para isto, a sabia valese de diferentes experimentos cientificos sobre: cores, luz, astronomía, unidades de medición, matemáticas, etc. que o mago irá refutando cos seus xogos de maxia. MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Lugo, 3 de decembro de 2009 Saúdos Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Museo Provincial de Lugo / Deputación Provincial de Lugo Contacto: tfn.: 982 24 21 12 / fax: 982 24 02 40/ info@museolugo.org http://www.museolugo.org/